O Entroido do Concello de Vilaboa do Morrazo
As MADAMAS , os GALÁNS, e o sacrificio do galo
O Entroido é unha festa ancestral que se perde no tempo, quizais, rituais de orixe pagano que co paso do tempo e xeración tras xeración foi conquerido o carácter tradicional co que se mantén hoxe en día.
Para a veciñanza de Vilaboa, sobre todo das parroquias de Cobres, o entroido é vivido dun xeito moi especial xa que se desenvolve nestas datas unha festa de grande tradición. Polo que, todo o mundo quere ser partífice, un ano máis, da tan arraigada celebración, celebrándose coa ledicia e ilusión que merece para o goce de todos; visitantes habituais dos pobos limítrofes e turistas esporádicos.
O tradicional “Antroido Dos Cobres”, segundo escritos da época, remóntase a principios do século XVIII e debe a súa actual vixencia á tradición oral que foi transmitindo o interese e participación na festa de xeración a xeración.
Esta herdanza cultural pasada de pais a fillos, de avós a netos logrou manter viva e presente unha celebración colectiva sorprendente e particular, tal e como é o Entroido de “Cobres”.
Madamas e Galáns. Historia do entroido de Cobres... VÍDEOS
Actualidad
Programa do Entroido de Cobres 2020
22_ Sábado de Apertura
A partir das 21:30h AMÉRICA DE VIGO e a continuación DJ CHARLIE.
23_ Domingo Folclórico
Xusto despois da actuación do Entroido, ás 20:00h aproximadamente:
AFOUTES DO CANÓN DE PAU (Cotobade)
ADONAIRE (Vilaboa)
ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA BREOGÁN DE MOAÑA
FEITICEIROS DO GRUPO FROLES NOVAS (Vigo)
24_Luns de "Maghachos"
A partir das 21:30h actuarán os grupos locais: 3.COM e TIC TAC
25_Martes de Entroido
A partir das 16:00h "CORRIDA DO GALO"
Xogos populares (Galo no Río, Galo na Vara e Corrida do Galo)
Predicador
Queima do Galo e Fogos de artificio
Como peche de festas a Actuación de A MOSCA VALIENTE
... a música do entroido:
... o cartel do entroido:
... o cartel do I Encontro de Entroidos en Galicia