frecha As danzas do Entroido

frecha A música

 

 

 

 

 

As danzas do Entroido de Cobres
alma do entroido de cobres xunto cos traxes...

 

Xunto coa artesanía dos vestidos, o baile destaca como un dos elementos principais do Entroido. Tradicionalmente para preparalos, habilitábase un baixo dunha casa, un galpón , ou un alpendre onde unha ou dúas veces por semana ensaiaban os puntos para montar os bailes:

 

danzas do entroido de cobres

 

 

Danza do Antroido de Cobres, muiñeira, xota e un agarradiño, música de autor descoñecido e considerada de carácter tradicional; non así os bailes, se cree que nacidos no lugar da Cardiña xunto co Entroido de Cobres, onde se vive dun xeito moi intenso todo o que conleva o entroido, tanto é así que se mantén a tradición de que o entroido ten que percorrer a Cardiña o mesmo martes de Antroido como proba de respecto e pleitesía ó lugar e ás xentes descendentes dos ancestros que se cre lle deron vida a esta tradición declarada festa de interese turístico.

 

 

comparsaDurante estes catro días (sábado, domingo, luns e martes) a "comparsa" percorre tódalas pistas das dúas parroquias organizadoras do Entroido, as de Santa Cristina e San Adrián, as dúas de Cobres, deténdose cada vez que chegue á vivenda de calquera veciño. Unha vez diante da casa escollida, as madamas e os galáns, xunto co resto dos compañeiros e acompañados pola música dun grupo de gaiteiros que lles seguen, bailarán, dúas, tres ou catro pezas, que normalmente son muiñeiras, xotas ou pasodobres, tralo que esperarán pacientemente a merecida propina, lanzándose unha bomba cada vez que un cidadán contribúe desta forma co Entroido.

 

Nerbargantes, si dos moradores da vivenda escollida pola comparsa, non se recibe a propina suficiente, responderán co silencio, diferenciándose deste xeito ós veciños desprendidos dos que non o son tanto.

 

Ata o anoitecer a comparsa continúa o seu paseo sen deterse, nin sequera á hora de comer, dado que con algún bocadillo e algún refresco con que lles obsequian nalgúns dos fogares por onde pasan, é suficiente para seguir adiante. Polas noites, os catro días, dende o sábado ata o martes, ten lugar un baile, con disfraces incluídos, nun recinto habilitado para elo, no lugar de Riomaior, sen a presenza xa, das madamas e os galáns, pero si coa de grupos de gaiteiros que serven para acompañar as acostumadas orquestras que actúan en tódalas verbenas de Galicia.

 

Ata o martes ó mediodía, o Entroido de Cobres, desenrólase exclusivamente entre os bailes dos integrantes da comparsa, as bombas de agradecemento e as verbenas nocturnas, dado que é nese intre cando a singular comitiva remata o seu percorrido. Tras unha comida forte, dado que este é un dos días festivos máis sinalados no Municipio, e de xeito festivo local, dará comezo a chamada "CORRIDA DO GALO".

 

Na actualidade a preparación do Entroido dos Cobres faise na Casa da Cultura de Riomaior lugar de asentamento da Asociación Cultural Cobres, entidade nacida hai 20 anos e que dende entón non só é a responsable da organización e preparación de todo o que conleva o entroido, se non que se ocupa de cubrir unha das parcelas culturais dentro do Concello de Vilaboa mantendo vivo o folclore tradicional con obradoiros de baile, gaita , e percusión ó mesmo tempo que organiza actos artísticos e culturais abertos a tódolos asistentes que o desexen.

 

 

 

danzas do Entroido de Cobres danzas do Entroido de Cobres danzas do Entroido de Cobres
     

 

 

 

 

 

 

A Música do Entroido de Cobres

 

 

mp3Danza do Entroido de Cobres

 

 

 

mp3Muiñeira movida

 

 

mp3Xota na eira