O Entroido do Concello de Vilaboa do Morrazo
As MADAMAS , os GALÁNS, e o sacrificio do galo
O Entroido é unha festa ancestral que se perde no tempo, quizais, rituais de orixe pagano que co paso do tempo e xeración tras xeración foi conquerido o carácter tradicional co que se mantén hoxe en día.
Para a veciñanza de Vilaboa, sobre todo das parroquias de Cobres, o entroido é vivido dun xeito moi especial xa que se desenvolve nestas datas unha festa de grande tradición. Polo que, todo o mundo quere ser partífice, un ano máis, da tan arraigada celebración, celebrándose coa ledicia e ilusión que merece para o goce de todos; visitantes habituais dos pobos limítrofes e turistas esporádicos.
O tradicional “Antroido Dos Cobres”, segundo escritos da época, remóntase a principios do século XVIII e debe a súa actual vixencia á tradición oral que foi transmitindo o interese e participación na festa de xeración a xeración.
Esta herdanza cultural pasada de pais a fillos, de avós a netos logrou manter viva e presente unha celebración colectiva sorprendente e particular, tal e como é o Entroido de “Cobres”.
Madamas e Galáns. Historia do entroido de Cobres... VÍDEOS
Actualidad
Programa do Entroido de Cobres 2018
Sábado 3 de febreiro, ás 17:30 horas, na casa de cultura de Riomaior:
Apertura da MOSTRA CULTURAL.
Presentación do ENTROIDO DE COBRES (Asociación Cultural Cobres).
Actuación das MADAMAS E GALÁNS e os VETERANOS DO ENTROIDO.
Actuación do humorista local XAN LOURENZO, que tamén será o encargado da presentación do acto.
Ó rematar degustación de doces típicos de entroido.
Luns 12 de febreiro, :
Dende as 17:00h ás 18:30h na Casa de Cultura de Riomaior.
Obradoiro “CONSTRUCIÓN DO SOMBREIRO TRADICIONAL DAS
MADAMAS E GALÁN DO ENTROIDO DE COBRES”.
Días 10, 11, 12 e 13 de febreiro
Actuación do Entroido polas rúas durante todo o día
Martes 13 de febreiro:
16:00H CORRIDA DO GALO (AO LADO DA CASA DE CULTURA DE RIOMAIOR) presentada polo HUMORISTA XAN LOURENZO
Galo na charca.
Galo na Vara.
Concurso de comparsas.
Actuación das MADAMAS E GALÁNS
Predicador e Corrida do Galo.
Queimada do Galo e fogos de artificio.
... a música do entroido:
... o cartel do entroido: