Orixe
O chamado actualmente Entroido de Cobres, pero que tamén se denominou Antroido dos Cobres, do cal os personaxes principais son as madamas e os galáns, non ten unha orixe temporal definida, se ben sabemos que o fenómeno das madamas e galáns estendíase pola Ría de Vigo, pero que sólo en Cobres continúa.
Continuidade no tempo
Segundo as testemuñas do documental “Madamas e galáns: Historia do Entroido de Cobres”, o Entroido de Cobres leva sen interromper a súa celebración dende o século XVIII exceptuando os anos da Guerra Civil e o año 2021 a causa do COVID
Orixinalidade
O Entroido de Cobres é o único entroido tradicional de Galicia no cal os seus personaxes principais non levan máscara. É un carnaval para “lucirse”, onde os seus personaxes principais fan gala da beleza dos seus traxes, ostentosos en canto a adornos.
Corrida do galo
O día estrela é, sen lugar a dúbidas, o Martes de Entroido, festividade local. Pola mañá, as “Madamas” e “Galáns” pecharán o seu percorrido para celebrar, pola tardiña, a tradicional Corrida do Galo; a cal comezará no momento en que as “Madamas” e “Galáns” fagan a súa entrada no recinto de festas coas súas músicas e bailes tradicionais.
Actualidade
Aquí podes ver toda a actualidade sobre o Entroido de Cobres nas diferentes entradas
O VIII Encontro de Entroidos reuniu en Vilaboa tradición, patrimonio e intercambio cultural
O Entroido de Cobres celebrou a súa oitava edición nun ano especialmente significativo tras a declaración como Festa de Interese Turístico Nacional O pasado 27 de xuño, Vilaboa acolleu a celebración...
O VIII Encontro de Entroidos de Vilaboa reunirá representacións de Galicia, Cantabria, Estremadura e Portugal
O próximo 27 de xuño de 2026, Cobres volverá converterse nun punto de encontro para a cultura tradicional coa celebración do VIII Encontro de Entroidos de Vilaboa, unha cita xa consolidada no...
A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo
O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o cartel da súa esperada Noite de Encontros do Entroido de Cobres 2026, unha proposta musical pensada...
Eventos
Aquí puedes ver todos los Eventos asociados al Entroido de Cobres
VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional
O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de Entroidos, unha cita xa consolidada no calendario cultural galego que converterá novamente Vilaboa nun espazo...
O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026
O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026, un dos encontros máis destacados da Península Ibérica dedicados á divulgación e posta en...
Morada do Entroido de Cobres 2026
O Entroido de Cobres 2026 continúa a celebración coa tradicional Morada do Entroido, unha xornada de convivencia pensada para compartir mesa, música e bo ambiente tras os intensos días da festa. A...








