Máis de 3.000 persoas respaldan o reto do Entroido de Cobres de ser Festa de Interese Turístico Nacional

Febreiro 14, 2024

A masiva afluencia de público facilitou que se esgotaran os artigos promocionais da festa deseñados coa recente creada imaxe de marca

Máis de 3.000 persoas seguiron onte en Riomaior as diferentes actividades programadas polo Entroido de Cobres no día forte desta festa, nunha das edicións máis concorridas dos últimos anos e na que a forte afluencia de público esgotou existencias nos postos de comida e mesmo permitiu á Asociación Cultural Cobres vender todos os artigos de merchandising creados para esta edición 2024. Camisetas, suadoiros, imáns, botellas ou chapas forman parte dos artigos promocionais deseñados coa nova imaxe de marca do Entroido de Cobres que onte rexistraron unha excelente aceptación por parte do público.

Os catro días do Entroido de Cobres deixan tras de si cifras que reflexan o intenso traballo desenvolvido pola Asociación Cultural Cobres e o Concello de Vilaboa para promocionar unha festa que aspira a converterse na primeira de entroido na provincia de Pontevedra coa catalogación de Festa de Interese Turístico Nacional.

Unha web propia, un QR que facilitou a localización da comitiva de madamas e galáns no seu percorrido polos barrios e uns perfís en redes sociais con información en tempo real das actividades diarias facilitaron que esta edición do Entroido de Cobres despertara o interese da veciñanza da contorna.

Máis de 50.000 contas alcanzadas nos perfís de Facebook e Instagram e 1.500 impresións en X (Twitter) son só unha mostra do seguimento que a cidadanía fixo da programación deste ano, na que tamén se ligou a oferta gastronómica e de aloxamento a estes catro días de festa; unha liña de traballo na que a concelleira de Promoción Económica, Carmen Gallego, quere seguir avanzando.

As cifras responden tamén a un traballo constante realizado pola Asociación Cultural Cobres e que conta co respaldo e implicación persoal das familias das máis de 70 madamas e galáns que conforman as parellas de baile, que nestes catro días recorreron a pé máis de 60 kilómetros retando ao mal tempo. Máis de 32 horas camiñando para cumprir o obxectivo de que as danzas de Cobres chegaran a cada barrio.

E antes de que comezaran os catro días de festa a organización non escatimou horas na elaboración de traxes, sombreiros, ensaios e moita promoción, xa que o Entroido de Cobres participa durante todo o ano en diferentes encontros programados para poñer en valor o noso patrimonio inmaterial. De feito, e tras un pequeno descanso, o Entroido de Cobres continuará cunha programación divulgativa que se extenderá durante todo o ano.

O VIII Encontro de Entroidos reuniu en Vilaboa tradición, patrimonio e intercambio cultural

O Entroido de Cobres celebrou a súa oitava edición nun ano especialmente significativo tras a...

O VIII Encontro de Entroidos de Vilaboa reunirá representacións de Galicia, Cantabria, Estremadura e Portugal

O próximo 27 de xuño de 2026, Cobres volverá converterse nun punto de encontro para a cultura...

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...
Ir o contido