Últimas citas do ano: Santiago, Lisboa e Salceda de Caselas.

Decembro 30, 2024

Tralo descanso do verán, o Entroido de Cobres retomou a súa axenda en Santiago de Compostela e Lisboa, e para rematar o ano viaxou ata Salceda de Caselas.

A primera cita despois das vacacións foi o 7 de setembro en Santiago de Compostela onde como cada ano participamos no Desfile de Entroidos Tradicionais de Galicia que organizou a Xunta de Galicia. O Entroido de Cobres recorreu as rúas de Santiago de Compostela comezando e rematando na praza do Obradoiro onde miles de turistas puideron gozar das actuacións dos diferentes grupos convocados.

O 21 de novembro recalamos en Lisboa, para o XVI Desfile Internacional da Máscara Ibérica, onde estiveron representados grupos de España, Portugal, Grecia e Italia, cun total de 32 grupos participantes.

Dende a praza do Município seguindo pola Rua da Prata e Rossio, para volver á praza do comenzo, a máis grande e importante de Lisboa, onde miles de turistas se atoparon con esta explosión de cores, música e baile.

E para rematar o ano, fomos ata Salceda de Caselas o 28 de decembro, ao VI Encontro de Ranchos e danzas tradicionais, para acompañar aos nosos compañeiros do Entroido Rancho Tradicional A Feira. Houbo espazos de encontro entre os grupos participantes, e o Entroido puido bailar na carpa belamente iluminada debido ás festividades de nadal.

O VIII Encontro de Entroidos reuniu en Vilaboa tradición, patrimonio e intercambio cultural

O Entroido de Cobres celebrou a súa oitava edición nun ano especialmente significativo tras a...

O VIII Encontro de Entroidos de Vilaboa reunirá representacións de Galicia, Cantabria, Estremadura e Portugal

O próximo 27 de xuño de 2026, Cobres volverá converterse nun punto de encontro para a cultura...

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...
Ir o contido