Entroidos de España e Portugal compartiron tradición e cultura este sábado en Vilaboa

Xullo 15, 2024

Desfiles, concursos, gastronomía, bailes e animación conforman un intenso programa para unha tarde de Encontro de Entroidos en Riomaior

Entroidos tradicionais chegados desde diferentes puntos de España e Portugal déronse cita esta fin de semana en Vilaboa, concretamente en Riomaior, no marco do VI Encontro de Entroidos, do que Cobres será un ano máis anfitrión.

Máis de catrocentas persoas se desprazaron a Vilaboa para formar parte dunha iniciativa que busca dar visibilidade e poñer en valor o patrimonio inmaterial e cultural que representa cada un dos entroidos asistentes, transmitindo tradicións seculares a través da vestimenta, baile, música e o concepto de entroido identitario de cada comarca.

A cita foi este pasado sábado, 13 de xullo. E ata Vilaboa desprazáronse por primeira vez o Entroido de Igüeña, que viu dende León: Las burras de Tremor de Arriba y El toro de Espina de Tremor. Para eles foi a primeira actuación no evento, que estivo seguida doutros entroidos xa habituais neste Encontro como os Caretos de Lazarim, de Lamego en Portugal; ou os Caretos de Arcas, que veñen de Macedo de Cavaleiros, na Braganza. A estes tamén se uniron os Guirrios e Madamitas de Cimanes del Tejar.

Cantabria estivo representada  co entroido Andruido en la Paré de Piasca e Zamora, co Atenazador de San Vicente de la Cabeza. A nivel galego, dende Salceda de Caselas, veu o Rancho Entroido da Feira e dende Ponteareas, Perriñas e Mudados de Ribadetea. Tamén estiveron en Vilaboa os Xenerais da Ulla, un entroido veciño da comarca do Ulla, así como as Madamas e Danzantes do Entroido de Salcedo, que se achegaron nesta xornada dende A Pobra do Brollón, en Lugo.

O Encontro arrancou o sábado poñendo en común vivencias. Foi ás 12 da mañá co Vermut de Entroidos, no Chiringo Deilán, onde se puido gozar dun ambiente animado á beira do mar. Mentres tanto, a apertura oficial do encontro tivo lugar ás 18:15 horas, seguida dun espectacular desfile e actuación dos diferentes entroidos ás 18:30 horas.  Co solpor, ás 21.30 horas, tivo lugar unha cea amenizada con música, dando paso á actuación DJ’s Encontro a partir das 23.30 horas, garantindo a diversión que merecía esta especial ocasión.

A cativada tamén foi protagonista neste evento xa que tras o pistoletazo de saída da tarde, os inchables estiveron dispoñibles ata ao inicio da cea. Ademais, houbo un mercadiño de artesanía e pezas de segunda man para adquirir distintas prendas e obxectos, así como a exposición de pinturas “Que é o Entroido de Cobres para ti?”, que se celebrou por primeira vez este ano, un concurso no que participou a poboación máis cativa dende infantil ata secundaria.

Peche do evento

Este evento, organizado pola Asociación Cultural Cobres coa colaboración do Concello de Vilaboa, pretende non só manter viva a tradición dos entroidos, senón tamén promover a cultura e o seu valor entre as novas xeracións. A xornada estivo chea de cor, música, gastronomía e, sobre todo, moita diversión, ao que contribuíu a presenza da influencer @letidataberna. Para rematar o día, entregouse un agasallo aos participantes e os premios do concurso de pintura. A amenización da cea estivo a cargo do grupo Fanfarria Furruxa, que deu paso aos DJ’s que actuaron a continuación, comezando aproximadamente ás 23:30 horas con Dj Charlie e de seguido, Dj Ekix, Dj Roy e Dj Gabry.

O VIII Encontro de Entroidos reuniu en Vilaboa tradición, patrimonio e intercambio cultural

O Entroido de Cobres celebrou a súa oitava edición nun ano especialmente significativo tras a...

O VIII Encontro de Entroidos de Vilaboa reunirá representacións de Galicia, Cantabria, Estremadura e Portugal

O próximo 27 de xuño de 2026, Cobres volverá converterse nun punto de encontro para a cultura...

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...
Ir o contido