O Entroido de Cobres encara 2025 co reto de poñer en valor unha festa con orixe no século XVII

Febreiro 1, 2025

O Concello e a Asociación Cultural convidan a desfrutar dun programa que terá o 22 de febreiro a súa primeira xornada intensa co seu percorrido polas parroquias.

O Entroido de Cobres encara 2025 co obxectivo de finalizar a tramitación da súa catalogación como Festa de Interese Turístico Nacional, converténdose no único entroido da provincia de Pontevedra con esta distinción. Así o explicou o alcalde, César Poza, na presentación do cartel, que tivo lugar en Riomaior coa asistencia da concelleira de Dinamización Económica, Carmen Gallego, e de directivos da Asociación Cultural Cobres. Madamas e Galáns acudiron tamén á posta en escena do inicio dun mes cargado de actividades programadas para darlle o “valor patrimonial e cultural que merece unha festa cos seus orixes no século XVII”, apuntou César Poza. “Queremos situar o Entroido de Cobres no lugar que lle corresponde”.

O cartel do Entroido, coas cores que definen a imaxe de marca desta festa, recolle dous códigos QR que facilitarán o seguimento das actividades en tempo real: un deles permite o acceso directo á web municipal entroidodecobres.com, e o outro permite a quen queira vivir esta festa saber en tempo real onde estarán danzando as Madamas e os Galáns.

Martín Duarte, presidente da Asociación Cultural Cobres, animou toda a contorna a participar no percorrido que Madamas e Galáns farán o día 22 de febreiro, achegando as súas danzas nunha xornada intensiva a Figueirido, Bértola e Pontemirón pola mañá, e ás Salinas e á Carretera Vella pola tarde. “Todo o que queira un pedaciño de nós por adiantado pode telo ese día”. Setenta persoas bailando xunto a 25 músicos ofrecerán á veciñanza o resultado dun ano de intensos ensaios e posta a punto dos traxes para manter viva unha tradición ancestral.

Como principal novidade da programación deste ano, Martín Duarte destaca a incorporación dunha terceira actuación de Madamas e Galáns na carpa de Riomaior, na tarde do martes 4 de marzo, xornada forte do Entroido. “Queremos evitar que ninguén se vaia sen vernos actuar”, indicou. Esta xornada grande dos festexos comezará pola mañá cun percorrido polos barrios e sesión vermú na carpa, e pola tarde coa Corrida do Galo e os xogos no río, nunha festa presentada polo televisivo Isi e na que repite como pregoeira @letidataberna, creadora de contido en galego cun importante número de seguidores nas súas redes.

“Pero quen queira vivir o Entroido ten que participar no percorrido que facemos do 1 ao 4 de marzo por todos os barrios”, apuntou Martín Duarte. Danzantes con idades comprendidas entre os 5 e os 35 anos —entre os que este ano hai novas incorporacións— dedican o día enteiro a percorrer a pé os distintos lugares de Vilaboa. “Iso hai que velo: a cara coa que nos recibe a xente, como nos abren as portas das súas casas”, insiste Duarte. César Poza tamén convida a participar directamente nesta parte máis interna do Entroido. “Calquera de fóra sentirase parte desta festa a través dos propios recordos que as danzas espertan entre as persoas residentes en cada zona”, concluíu.

Accede á programación completa AQUÍ.

O VIII Encontro de Entroidos reuniu en Vilaboa tradición, patrimonio e intercambio cultural

O Entroido de Cobres celebrou a súa oitava edición nun ano especialmente significativo tras a...

O VIII Encontro de Entroidos de Vilaboa reunirá representacións de Galicia, Cantabria, Estremadura e Portugal

O próximo 27 de xuño de 2026, Cobres volverá converterse nun punto de encontro para a cultura...

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...
Ir o contido