Madamas e galáns achegarán aos barrios de Vilaboa o Entroido de Cobres

Febreiro 21, 2025

Danzarán en Santa Marta, Alcouce e Postemirón pola mañá e en Paredes e As Salinas pola tarde.

Madamas e Galáns prepáranse para o inicio do Entroido de Cobres, a festa máis agardada en Vilaboa, e arranca mañá cunha presentación polos barrios que levará a comitiva do Entroido a percorrer, desde as 11 da mañá, os barrios de Santa Marta de Bértola e a praza do Alcouce en Figueirido, continuando ás 13:00 h en Postemirón. Xa pola tarde, danzantes e músicos trasladaranse ás 16:00 h á estrada vella de Paredes para rematar unha hora máis tarde nas Salinas de Ulló.

Un código QR, ao que se pode acceder desde a web entroidodecobres.es, permitirá localizar en tempo real a Madamas e Galáns, facilitando así a integración na programación tanto nesta primeira xornada do Entroido como nas actividades que se desenvolverán do 1 ao 4 de marzo. A mesma páxina web ofrece tamén información sobre a oferta de restauración en Vilaboa. Restaurantes, tascas, furanchos, cafeterías e taperías son unha opción ideal para descubrir a gastronomía local ao son do Entroido.

A Asociación Cultural Cobres, organizadora do Entroido coa colaboración do Concello, destaca o forte arraigamento popular que esta festa ten en Vilaboa, especialmente en San Adrián e en Santa Cristina, parroquias nas que ser Madama ou Galán é un honor, ás veces herdado por tradición familiar e noutras adquirido para cumprir un soño que non puideron acadar xeracións anteriores.

Así o senten Sara Gómez e Rafa Malvar, parella de baile como Madama e Galán, que aseguran que os seus traxes teñen un “valor sentimental incalculable”. A ela o primeiro prestáronllo e despois conseguiu un propio, que cada ano vai modificando, mellorando e personalizando. Porque esa é outra singularidade dos traxes do Entroido de Cobres: non hai dous iguais, aínda que todos cumpren os mesmos parámetros estéticos. O de Galán é máis sinxelo, con menos lazos e brillos, e Rafa Malvar quixo personalizalo cun pavo real e unha bolboreta no sombreiro, e uns lazos co ano 2015 —cando comezou a bailar— e outro co seu nome.

Gañadores do Concurso do Galo 2026 do Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres fai públicos os gañadores e gañadoras do Concurso do Galo 2026, unha...

Entroido de Cobres 2026: programación completa e datas

O Entroido de Cobres celebrarase en 2026 cunha programación completa que se desenvolverá do 8 ao...

O Entroido de Cobres no I Encontro de Entroidos do sur de Pontevedra en Bueu

O Entroido de Cobres foi un dos protagonistas do I Encontro de Entroidos do sur de Pontevedra...

Participación do Entroido de Cobres no I Encontro de Entroidos do Sur da Provincia de Pontevedra

O vindeiro venres 8 de novembro de 2025, o Entroido de Cobres participará no I Encontro de...

O Entroido de Cobres, sorpresa da Foliada Eferro de Merza 2025

O Entroido de Cobres participou o pasado 13 de setembro de 2025 na Foliada Eferro, celebrada en...

Participación do Entroido de Cobres en Santiago de Compostela no desfile de Entroidos Tradicionais de Galicia

O Entroido de Cobres levou a tradición de Vilaboa ata a capital galega no desfile de entroidos...

Participación no Desfile de Entroidos Tradicionais de Galicia

O vindeiro sábado 6 de setembro de 2025, o Entroido de Cobres estará presente en Santiago de...

O Entroido de Cobres viaxa a Sardeña na súa primeira saída da Península Ibérica

O Entroido de Cobres vén de participar no prestixioso Festival Identidades, celebrado na...

O Entroido de Cobres participará en “Identidades 2025”, en Sardeña

O Entroido de Cobres será un dos representantes da tradición galega no festival internacional...

O VII Encontro de Entroidos de Cobres enche Vilaboa de tradición, máscaras e música nunha edición histórica

A sétima edición do Encontro de Entroidos de Cobres, celebrada o sábado 12 de xullo, converteu...
Ir o contido