Vilaboa convida á bisbarra a gozar da gastronomía local da man do Entroido

Febreiro 28, 2025

César Poza lembra que Madamas e Galáns danzarán sen descanso desde as 10 da mañá: “Pódense localizar a través dun código QR; calquera momento é bo para achegarse”.

Sombreiros, plumas, traxes e instrumentos musicais están xa a punto en Vilaboa para que a comitiva do Entroido de Cobres se poña en marcha e leve muñeiras, xotas e danzas por rúas e barrios. Serán catro días intensos nos que Madamas e Galáns compartirán un legado ancestral a través das súas vestimentas e sombreiros, e darán visibilidade a unha festa que aspira a ser a única da provincia de Pontevedra con recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, convida a toda a bisbarra a achegarse a Vilaboa e compartir a emoción que transmite o Entroido de Cobres. En calquera momento das catro xornadas, entre as 10.00 e as 19.00 horas, a comitiva será doada de localizar grazas a un código QR dispoñible na cartelería, redes sociais e na web entroidodecobres.es.

Por iso, César Poza anima á veciñanza de Pontevedra, Vigo e O Morrazo a aproveitar estas datas, con festivos locais nalgúns municipios, para visitar Vilaboa e descubrir tamén a súa oferta gastronómica, con establecementos de hostalaría variados que se poden consultar na web do Concello e do Entroido. “O Entroido de Cobres é un dos nosos principais activos turísticos. Na provincia non hai nada semellante e apostamos por el sen reservas. Paga moito a pena vir e vivilo”.

A comitiva, formada por 35 parellas de baile e un grupo musical con outras 35 persoas, sairá o 1 de marzo desde Riomaior cara a San Adrián, pola N-554, pasando por Pazos, Pousada, Curra e Ubeira. Tras un descanso para xantar, retomarase o percorrido desde Vilar por A Rúa, Muíño e O Costal, rematando ás 19.00 horas na carpa de Riomaior, onde actuarán antes de dar paso aos grupos Claxon e Trío Tic Tac.

Cada día, Madamas e Galáns danzarán arredor de 8 horas, percorrerán uns 15 quilómetros e rematarán co pés rebentados. “Todo paga a pena para manter vivo este anaco do noso patrimonio inmaterial”, explica unha madama, que destaca o carácter único desta festa: o Entroido de Cobres prescinde das máscaras e mantén o deseño tradicional dos traxes, aínda que non hai dous iguais. “Cada persoa personalízaos ao seu xeito. Varía o número de cintas, as lantexuelas, os lazos… pero o deseño é común”.

Co obxectivo de sumar cada vez máis namorados desta festa, Madamas e Galáns darano todo para facer gozar a quen se achegue. O domingo 2, volverán danzar polos barrios entre as 10.00 e as 19.00 horas e, á noite, haberá verbena co Trío La Noche. O luns 3 repetirase o formato, con actuación nocturna de Maghachos, Orquestra Fuego e Dúo Prisma.

O martes 4, o Entroido fará un último percorrido polos barrios para convidar a veciñanza a achegarse a Riomaior. Ás 13.00 horas haberá sesión vermú, amenizada polo Dúo Los Dináculos, con postos de comida, polbo e churrasco. Ás 16:30 comezará o momento máis agardado da festa: a Corrida do Galo, presentada, como é habitual, por Isi. As distintas franxas de idade de Madamas e Galáns actuarán por quendas e tamén se celebrarán os xogos tradicionais: Galo no río, Galo na vara e a propia Corrida do Galo. A xornada pecharase coa intervención de Leti da Taberna como pregoeira do Entroido.

Un código QR, accesible desde entroidodecobres.es, permitirá localizar en tempo real a comitiva e facilitará a integración do público na festa.

Gañadores do Concurso do Galo 2026 do Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres fai públicos os gañadores e gañadoras do Concurso do Galo 2026, unha...

Entroido de Cobres 2026: programación completa e datas

O Entroido de Cobres celebrarase en 2026 cunha programación completa que se desenvolverá do 8 ao...

O Entroido de Cobres no I Encontro de Entroidos do sur de Pontevedra en Bueu

O Entroido de Cobres foi un dos protagonistas do I Encontro de Entroidos do sur de Pontevedra...

Participación do Entroido de Cobres no I Encontro de Entroidos do Sur da Provincia de Pontevedra

O vindeiro venres 8 de novembro de 2025, o Entroido de Cobres participará no I Encontro de...

O Entroido de Cobres, sorpresa da Foliada Eferro de Merza 2025

O Entroido de Cobres participou o pasado 13 de setembro de 2025 na Foliada Eferro, celebrada en...

Participación do Entroido de Cobres en Santiago de Compostela no desfile de Entroidos Tradicionais de Galicia

O Entroido de Cobres levou a tradición de Vilaboa ata a capital galega no desfile de entroidos...

Participación no Desfile de Entroidos Tradicionais de Galicia

O vindeiro sábado 6 de setembro de 2025, o Entroido de Cobres estará presente en Santiago de...

O Entroido de Cobres viaxa a Sardeña na súa primeira saída da Península Ibérica

O Entroido de Cobres vén de participar no prestixioso Festival Identidades, celebrado na...

O Entroido de Cobres participará en “Identidades 2025”, en Sardeña

O Entroido de Cobres será un dos representantes da tradición galega no festival internacional...

O VII Encontro de Entroidos de Cobres enche Vilaboa de tradición, máscaras e música nunha edición histórica

A sétima edición do Encontro de Entroidos de Cobres, celebrada o sábado 12 de xullo, converteu...
Ir o contido