Os maghachos tomarán protagonismo na terceira xornada do Entroido de Cobres

Marzo 2, 2025

Converterán a carpa nun espazo de diversión satírica ataviados con complementos que oculten a súa identidade e lles permitan facer trasnadas.

O Entroido de Cobres está cheo de rituais e tradicións conservadas ao longo dos séculos e transmitidas de xeración en xeración ata chegar á edición actual, na que os danzantes contaxian o orgullo de seren gardiáns e portadores dun patrimonio cultural convertido en sinal de identidade para todo o municipio de Vilaboa.

Tras unha xornada dominical soleada, o Entroido de Cobres encara a súa terceira xornada, na que os maghachos recollerán o relevo dos danzantes e, xa na carpa, durante a festa nocturna, converteranse nos auténticos protagonistas. Trátase de persoas anónimas, ocultas tras máscaras ou complementos e ataviadas con roupa que oculta a súa identidade, que no luns de Entroido están autorizadas a facer trasnadas. Escollen as súas vítimas na propia carpa e sométenas a bromas e escarnio, procurando sempre non seren recoñecidas.

As persoas máis maiores lembran esta xornada dos maghachos como unha das máis divertidas para aquelas que non podían ou non foran elixidas para formar parte das parellas de madamas e galáns. Mentres mozos e mozas seleccionados pasaban o ano confeccionando os seus traxes, cos laboriosos sombreiros cheos de flores e cristais que simbolizan un ritual de benvida á primavera, as demais persoas argallaban unha noite de diversión satírica intimamente ligada ao espírito do entroido en Galicia.

Na véspera do día grande da programación, xornada festiva en Vilaboa, a festa prolongarase ata ben entrada a noite coa Orquestra Fuego e o Dúo Prisma.

O VIII Encontro de Entroidos reuniu en Vilaboa tradición, patrimonio e intercambio cultural

O Entroido de Cobres celebrou a súa oitava edición nun ano especialmente significativo tras a...

O VIII Encontro de Entroidos de Vilaboa reunirá representacións de Galicia, Cantabria, Estremadura e Portugal

O próximo 27 de xuño de 2026, Cobres volverá converterse nun punto de encontro para a cultura...

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...
Ir o contido