Leti da Taberna repite como predicadora do Entroido de Cobres por segundo ano consecutivo

Marzo 3, 2025

A creadora de contido en galego garante diversión na tarde da Corrida do Galo con xogos populares que serán presentados polo televisivo ISI.

O Entroido de Cobres encara o seu día grande cunha xornada cargada de actividades e tamén de tradicións, nalgúns casos actualizadas. A Asociación Cultural Cobres, responsable da organización da festa, mantén intacta a estrutura e o sentir do Entroido tal e como chegou aos nosos días mediante a transmisión oral de xeración en xeración.

Na edición do ano pasado, o Entroido de Cobres recuperou a figura do predicador, historicamente encarnada por un home e desaparecida nas últimas décadas, deixando este personaxe en mans da creadora de contido en galego Leti da Taberna.

A tradición indica que, despois da Corrida do Galo, o predicador lanzaba o “Sermón do Galo”, así como críticas mordaces en verso contra os vicios da veciñanza. Este personaxe tiña que andarse con ollo, pois o público podía responder movendo o palco e incluso chegando a botalo abaixo.

Leti da Taberna, que repite como predicadora por segundo ano consecutivo, non corre ese risco. As miles de persoas que seguen diariamente a esta creadora de contido en galego nas súas redes sociais foron un factor importante nesta elección, mais tamén o foi a defensa constante que @letidataberna fai do patrimonio inmaterial galego, da nosa cultura e das nosas tradicións.

Chegará a Riomaior disposta a garantir diversión, e asegura que as súas coplas estarán cargadas de retranca, animada pola calorosa acollida que Vilaboa lle brindou o ano pasado.

Ademais de rebuscar nas novas do concello para darlle actualidade ao seu contido, tamén ultima o testamento do galo: “voulle facer as partixas a ver se non se me enfada ninguén”.

Será sen dúbida unha das actuacións principais da tarde de mañá en Riomaior, que comezará ás 16.30 h con xogos e a Corrida do Galo, presentada por ISI da TVG. O Entroido de Cobres subirá ao escenario en tres momentos diferentes da tarde, e haberá Galo no río e Galo na vara, para rematar coa Queima. A Fanfarria Furruxa encargarase de amenizar o recinto e a velada rematará con DJ Gabry.

Na xornada de hoxe, o Entroido continuou o seu percorrido polas parroquias de Cobres.

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...

O Entroido de Cobres leva a súa tradición ata Santiago no Entroido de Sar 2026

O Entroido de Cobres participou o pasado sábado 28 de febreiro no Entroido de Sar 2026, unha...

Morada do Entroido de Cobres 2026

O Entroido de Cobres 2026 continúa a celebración coa tradicional Morada do Entroido, unha xornada...
Ir o contido