A Corrida do Galo toma hoxe o relevo ás danzas do Entroido de Cobres

Marzo 4, 2025

Xogos populares, concurso de disfraces, a queima do galo e a predicadora Leti da Taberna poñen fin á festa de Cobres.

A carpa de Riomaior acolle desde o mediodía unha intensa programación que pon o ramo ao Entroido de Cobres. A xornada comezou cunha sesión vermú e continúa ás 16.30 horas cos xogos populares, entre eles o do galo no río ou o galo na vara, nos que os participantes deberán demostrar a súa habilidade para non caer ao cauce do río Maior. Esta primeira parte lúdica culminará coa Corrida do Galo, protagonizada por un animal sintético que acabará queimado ao final do día. As persoas gañadoras en cada categoría recibirán un premio de 100 euros.

A encargarse de dinamizar a tarde estará ISI, coñecido presentador da TVG, que animará ao público a participar nestes xogos cunha tradición tan antiga como o propio Entroido de Cobres, no que as madamas tiñan historicamente a responsabilidade do sacrificio do galo, o que dá mostra do importante papel das mulleres nesta celebración popular.

O xurado valorará os disfraces para premiar ás mellores propostas nas categorías infantil, individual e de grupo, cunha dotación económica de 50 e 100 euros. Os premios entregaranse xunto aos do Concurso do Testamento Infantil, o sorteo dos lotes doados por Aceites Abril e os galardóns das distintas probas lúdicas.

E haberá danza. Madamas e galáns ofrecerán tres intervencións ao longo da tarde, e o grupo das Veteranas subirá ao escenario en dúas ocasións para presentar a súa Danza das Espadas, antes da queima do galo e da lectura do seu testamento a cargo de Leti da Taberna, cunha retranca galega que cada día suma máis seguidoras e seguidores nas redes sociais. No seu papel de predicadora, repasará a actualidade local facendo mofa do número de rotondas deixadas no municipio polo macronó da A-57 ou convidando ao alcalde a inaugurar o futuro auditorio ao aire libre de Figueirido cunha actuación súa, ademais de incluír referencias á actualidade galega e estatal.

A tarde rematará cunha importante sorpresa preparada con moito agarimo pola Asociación Cultural Cobres e por toda a familia do Entroido de Cobres.

Esta mañá concluíu o percorrido polas parroquias coa visita a Sobreira, A Cardiña e Paradellas.

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...

O Entroido de Cobres leva a súa tradición ata Santiago no Entroido de Sar 2026

O Entroido de Cobres participou o pasado sábado 28 de febreiro no Entroido de Sar 2026, unha...

Morada do Entroido de Cobres 2026

O Entroido de Cobres 2026 continúa a celebración coa tradicional Morada do Entroido, unha xornada...
Ir o contido