O Entroido de Cobres presenta o seu himno inspirado na Oliveira do Cen Anos

Marzo 5, 2025

A Asociación Cultural Cobres e o Concello agradecen o apoio e colaboración de C. Tangana, Little Spain e do RC Celta.

O Entroido de Cobres puxo onte o ramo á edición 2025 coa presentación do seu Himno de Cobres, seguido por máis de 3.000 persoas a través das pantallas xigantes instaladas na carpa de Riomaior durante o día grande da festa.

Inspirado na peza do centenario do RC Celta, o videoclip presentado pola Asociación Cultural Cobres parte da base de A oliveira dos cen anos, coa autorización do seu autor C. Tangana e da súa produtora Little Spain, ás que tanto a Asociación como o Concello de Vilaboa agradeceron publicamente a colaboración, así como tamén ao RC Celta de Vigo.

Gravado en espazos emblemáticos de Vilaboa como As Sainas, o Forno do Cal, o parque de Riomaior ou as bateas do litoral, a adaptación da letra transmite a fonda vinculación da veciñanza co seu entroido, que se define como “máis ca un sentimento: é unha forma de vivir”. A letra expresa a ilusión coa que se organiza a festa durante todo o ano e o desexo de que o martes de Entroido non remate nunca.

O vídeo é unha declaración de amor ao Entroido de Cobres e enmárcase no traballo conxunto da Asociación e o Concello para protexer e poñer en valor este patrimonio cultural, un recoñecemento que tamén se estendeu a Antón Álvarez.

Dirixido pola Asociación Cultural Cobres e producido por Peixe Globo Ideas e Álvaro Carballo, contou coa colaboración do músico pontevedrés e mestre da banda de gaitas Marcelo DoBode. No audiovisual participaron madamas, galáns, veteranas e veteranos do Entroido de Cobres, así como integrantes de Aires de Cobres. A organización agradece especialmente a María Esther Castro pola cesión da súa batea para a gravación, e a Pablo Castro (Nano Competición) polo coche insignia do Entroido.


Balance en cifras

Máis de 3.000 persoas participaron nas actividades do martes grande, esgotando existencias nos postos de comida. Os catro días do Entroido de Cobres deixan cifras que reflicten o intenso traballo da Asociación Cultural Cobres e do Concello de Vilaboa para promocionar unha festa que aspira a ser a primeira do entroido na provincia de Pontevedra declarada Festa de Interese Turístico Nacional.

Nesta edición, o Entroido conseguiu visibilidade nas principais cadeas de televisión e emisoras de radio do país.

Entre as accións destacadas da edición 2025 están:

  • O lanzamento da páxina web oficial.
  • Un código QR que permitiu localizar en tempo real a comitiva de madamas e galáns.
  • Uns perfís en redes sociais con seguimento en directo das actividades.

As redes sociais foron clave: máis de 80.000 contas foron alcanzadas en Facebook e Instagram. A promoción asociada á festa inclúe tamén a oferta de gastronomía e aloxamento local, un eixe de traballo que a concelleira de Promoción Económica, Carmen Gallego, ten como obxectivo reforzar.

O éxito do Entroido tamén se debe á implicación directa das familias das máis de 70 madamas e galáns, que percorreron a pé máis de 60 quilómetros en catro días, dedicando máis de 32 horas ás danzas para chegar a todos os barrios.

A continuación, un resumo do Entroido de Cobres deste ano 2025!

Antes da festa, o labor inclúe meses de ensaios, elaboración de traxes e promoción, xa que o Entroido de Cobres está presente todo o ano en encontros culturais. De feito, estará o vindeiro domingo en Cuntis.

O VIII Encontro de Entroidos reuniu en Vilaboa tradición, patrimonio e intercambio cultural

O Entroido de Cobres celebrou a súa oitava edición nun ano especialmente significativo tras a...

O VIII Encontro de Entroidos de Vilaboa reunirá representacións de Galicia, Cantabria, Estremadura e Portugal

O próximo 27 de xuño de 2026, Cobres volverá converterse nun punto de encontro para a cultura...

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...
Ir o contido