BASES DO CONCURSO DE MANUALIDADES “ENTROIDOS TRADICIONAIS”

Xuño 19, 2025

A Asociación Cultural Cobres, entidade sen ánimo de lucro, con CIF G36128296 e domicilio na Casa da Cultura de Riomaior, San Adrián de Cobres, 36142 Vilaboa (Pontevedra), convoca un concurso de manualidades en familia “ENTROIDOS TRADICIONAIS” enmarcado no seu VII Encontro de Entroidos que terá lugar o 12 de xullo do presente ano 2025 e organizado coa colaboración do Concello de Vilaboa. A continuación, establécense os requisitos de participación no mesmo.

1º.- Requisitos dos/a participantes.

  • Ser estudantes no curso 2023 – 2024 nas etapas de educación de infantil, primaria ou secundaria.

2º.- O tema sobre o que versarán os traballos será os Entroidos Tradicionais.

Os traballos serán orixinais e inéditos.

Non se admitirán traballos que teñan contidos políticos, irreverentes, obscenos, xenófobos ou calquera outro que atente contra a dignidade das persoas.

3º.- O concurso estará dotado do seguinte premio.

  • 1º premio 100€ + gorra
  • 2º premio 50€ + gorra
  • 3º premio 25€ +  lote de calcetíns e imáns entroido
  • 4º premio lote de calcetíns e imáns entroido
  • 5ª premio lote de calcetíns e imáns entroido.

Os premios serán entregados o 12 de xullo durante o VII Encontro de Entroidos.

4º.- Forma de participación.

A participación é gratuíta, e será necesario realizar as seguintes accións:

  1. A manualidade realizada deberá ter por detrás o nome e apelidos do neno-a, e o Entroido ao que fai referencia a obra e un teléfono de contacto.

A manualidade poderá ser realizada en familia con calquera técnica que permita facer unha réplica dalgunha das pezas dun Entroido Tradicional a elixir entre os moitos que hai en España, Portugal e incluso doutros lugares do mundo.

5º.- Prazo de participación.

Entregaranse as manualidades na Biblioteca de Riomaior en horario e 8:00 a 14:00 horas do 7 ao 10 de xullo.

6º.- Valoración das obras.

As obras serán valoradas en relación cos seguintes criterios (cada criterio será valorado entre 1 e 5, sendo 5 a mellor valoración):

  • Adaptación á temática.
  • Orixinalidade.
  • Dificultade técnica.
  • Utilización de materiais reciclados.

O xurado estará formado por 3 membros, 2 da Asociación Cultural Cobres, 1 do Concello de Vilaboa.

Os-as gañadores-as serán anunciados no VII Encontro de Entroidos que terá lugar baixo o viaduto de Riomaior o 12 de xullo do presente, séndolles entregados os premios nese mesmo instante.

7º.- Autoría e difusión

As manualidades terán a autoría identificada, e serán expostas todas elas durante a celebración do VII Encontro de Entroidos para que todas as obras participantes poidan ser admiradas polos asistentes ao evento.

Os-as participantes autorizan expresamente á Asociación Cultural Cobres, para a utilización con fins publicitarios e de promoción, do seu nome e imaxe en calquera medio e material publicitario, así como das súas obras.

8º.- Imprevistos e supostos excepcionais.

A Asociación Cultural Cobres poderá dar o concurso como deserto se ningunha das obras presentadas alcanza a calidade mínima para os membros do xurado nalgunha das categorías.

A Asociación Cultural Cobres resérvase o dereito a suspender, anular, prorrogar, recortar ou modificar o concurso por circunstancias de forza maior e/ou alleas a súa vontade. Chegado este caso, a Asociación Cultural Cobres non tería que xustificar a decisión e non se lle podería reclamar ningún tipo de responsabilidade, sempre de forma que non prexudiquen os dereitos adquiridos polos participantes.

A Asociación Cultural Cobres resérvase o dereito a substituír o premio citado por outro de características e valor similar. O premio entregado non será susceptible de cambio, alteración ou compensación a petición do/a/s gañador/a/s.

9º.- Protección de datos persoais.

Os datos persoais que sexa necesario recadar para a participación no Concurso serán tratados conforme ás normas establecidas no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo a protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento Xeral de Protección de Datos) e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

A recollida dos datos só se realizará para que ditos datos poidan ser incorporados a ficheiros titularidade da Asociación Cultural Cobres e tratados exclusivamente para a finalidade que se especifica nas presentes bases. Os datos obtidos a través das manualidades presentadas serán os mínimos imprescindibles para facer posible a participación no Concurso.

10º.- Aceptación das bases

A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases na súa totalidade, reservándose a organización o dereito a modificar algunha delas en casos excepcionais, tal e como se cita no punto 8º.

O VIII Encontro de Entroidos reuniu en Vilaboa tradición, patrimonio e intercambio cultural

O Entroido de Cobres celebrou a súa oitava edición nun ano especialmente significativo tras a...

O VIII Encontro de Entroidos de Vilaboa reunirá representacións de Galicia, Cantabria, Estremadura e Portugal

O próximo 27 de xuño de 2026, Cobres volverá converterse nun punto de encontro para a cultura...

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...
Ir o contido