O Entroido de Cobres participará en encontros e festivais por toda a península

Marzo 7, 2025

O Entroido de Cobres continúa a súa difusión máis alá das datas tradicionais coa participación en distintos festivais e eventos culturais de Galicia, España e Portugal ao longo da primavera.

Estas saídas teñen como obxectivo dar visibilidade ao noso entroido tradicional, compartir as nosas madamas e galáns con novos públicos, e reforzar os lazos con outras máscaras da Península Ibérica.

As datas e lugares confirmados para esta tempada son os seguintes:

🔹 9 de marzo – Festa do Lacón de Cuntis (Galicia)
Participación co Entroido de Cobres no desfile desta festa gastronómica e cultural.
Ver programación da Festa do Lacón

🔹 2 de maio – TROBÁ en Oropesa del Mar (Castelló)
Representación do Entroido de Cobres nesta trobada de cultura popular valenciana.
Ver programación da TROBÁ

🔹 17 e 18 de maio – ViboMasck (Viana do Bolo e Vilariño de Conso)
Festival das máscaras tradicionais galegas e portuguesas.
Ver programación de ViboMasck

🔹 24 de maio – XVII Desfile da Máscara Ibérica (Porto, Portugal)
Participación no desfile central deste gran evento internacional de máscaras ibéricas.
Ver programación da Máscara Ibérica

Estas participacións están organizadas pola Asociación Cultural Cobres, que agradece a acollida das entidades organizadoras e aposta pola presenza activa do Entroido de Cobres nos principais espazos de difusión do patrimonio cultural.

O VIII Encontro de Entroidos reuniu en Vilaboa tradición, patrimonio e intercambio cultural

O Entroido de Cobres celebrou a súa oitava edición nun ano especialmente significativo tras a...

O VIII Encontro de Entroidos de Vilaboa reunirá representacións de Galicia, Cantabria, Estremadura e Portugal

O próximo 27 de xuño de 2026, Cobres volverá converterse nun punto de encontro para a cultura...

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...
Ir o contido