O Entroido de Cobres leva a súa tradición a cinco grandes eventos da Península

Maio 26, 2025

Durante esta primavera, o Entroido de Cobres participou en cinco importantes encontros culturais en Galicia, España e Portugal, levando as súas madamas e galáns a escenarios diversos e reforzando a súa proxección exterior como patrimonio vivo.

O 9 de marzo participou por primeira vez na 27.ª edición da Festa do Lacón de Cuntis, un evento gastronómico e cultural de referencia na provincia de Pontevedra, no que o desfile das madamas e galáns achegou unha nota de cor e tradición.

O 2 de maio, o Entroido de Cobres debutou na 23.ª edición da Trobà de Oropesa del Mar (Castellón), unha feira de artesanía e cultura tradicional. A súa participación, preparada durante tres anos pola concellería de Turismo, foi acollida con entusiasmo polo público valenciano.

Os días 17 e 18 de maio, participou na 10.ª edición de ViboMasck, en Viana do Bolo e Vilariño de Conso, un festival internacional de máscaras tradicionais con grupos de Galicia, outras comunidades autónomas españolas e representacións de Portugal e Italia.

O 24 de maio, Cobres sumou unha nova participación na 17.ª edición do Desfile da Máscara Ibérica en Porto, onde desfilou xunto a máis de vinte delegacións de toda a Península Ibérica, fortalecendo a presenza galega nesta cita internacional.

Estas accións de difusión forman parte da estratexia anual da Asociación Cultural Cobres para conservar e promover o Entroido de Cobres como símbolo de identidade cultural, proxecto multixeneracional e embaixador do patrimonio inmaterial galego.

O VIII Encontro de Entroidos reuniu en Vilaboa tradición, patrimonio e intercambio cultural

O Entroido de Cobres celebrou a súa oitava edición nun ano especialmente significativo tras a...

O VIII Encontro de Entroidos de Vilaboa reunirá representacións de Galicia, Cantabria, Estremadura e Portugal

O próximo 27 de xuño de 2026, Cobres volverá converterse nun punto de encontro para a cultura...

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...
Ir o contido