O Entroido de Cobres será un dos representantes da tradición galega no festival internacional “Identidades”, que se celebrará os días 1 e 2 de agosto de 2025 en Fonni, localidade da illa de Sardeña (Italia).
Será a 8ª edición do festival, que reunirá agrupacións de máscaras tradicionais de distintas rexións de Italia e doutros países europeos e americanos, nun desfile multitudinario que terá lugar o sábado 2 de agosto ás 17:00 h. A participación de Cobres estará incluída dentro da representación do Estado Español, xunto con outros entroidos tradicionais de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e Castela e León.
O evento estará organizado pola Asociación Cultural Urthos e Buttudos e contará coa colaboración da Pro Loco di Fonni e do Museo della Cultura Pastorale, e reunirá grupos de Francia, Croacia, Polonia, Portugal, Lituania, Serbia, Hungría, México e India.
Actividade cofinanciada pola Deputación de Pontevedra.

