A Morada puxo este sábado o colofón á celebración do Entroido de Cobres 2025

Marzo 31, 2025

A Asociación Cultural Cobres adicou a xornada a recoñecer a implicación de madamas, galáns, músicos e persoas colaboradoras na preservación dunha tradición centenaria.

A Asociación Cultural Cobres celebrou o pasado sábado 29 de marzo unha nova edición da Morada, unha xornada pensada para o desfrute de madamas, galáns e das numerosas persoas que colaboran ano tras ano na celebración do Entroido de Cobres. A cita, que puxo o colofón a unha edición marcada pola ilusión por preservar unha festa con varios séculos de historia, comezou ás 13:30 horas cunha sesión vermú previa ao xantar na carpa instalada en Riomaior. A festa prolongouse durante toda a tarde con inchables e animación musical.

Madamas, galáns, bailaríns e músicos foron recoñecidos polo seu esforzo ao longo do ano, cunha entrega que inclúe incontables horas de ensaio para manter viva unha tradición que remonta ao século XVII. Moitos dos participantes acumulan décadas de experiencia, aínda que as catro intensas xornadas de Entroido seguidas, con máis de oito horas diarias en pé, supoñen cada ano un auténtico reto físico.

Desde a Asociación Cultural Cobres destacaron ese compromiso continuo e a responsabilidade que implica asumir os papeis protagonistas do Entroido. Ser madama ou galán supón tamén asumir renuncias e compromisos que van máis alá do visible durante os festexos.

A Morada organizouse, unha vez máis, como un acto de recoñecemento a toda esa dedicación. Unha festa para a gran familia do Entroido, que permitiu compartir un xantar de confraternidade co agarimo e agradecemento da veciñanza.

Martín Duarte, presidente da asociación, explicou que “é o único día no que desfrutamos da festa. O resto do ano temos reunións semanais, ensaios, planificación de eventos e saídas ás que levamos o Entroido de Cobres”.

O formato actual da Morada baixo carpa, con servizo de catering, recolle a tradición de antigas celebracións nas que madamas, galáns e músicos se reunían despois do Entroido. Lidia Peleteiro, directiva da asociación, lembrou que antigamente a comida preparábase cos alimentos recollidos durante a andaina do Entroido, e mesmo había quen cedía unha vaca para a ocasión. A asistencia reservábase unicamente ás persoas que bailaban ou tocaban. Co tempo, contratouse un cociñeiro e as familias colaboraban como auxiliares, ata chegar ao formato actual, aberto tamén á veciñanza colaboradora.

Peleteiro destacou que “a Morada está aberta ás familias e á veciñanza que, dalgún xeito, colaboran na conservación desta festa que é un sinal de identidade para Vilaboa e, especialmente, para Cobres. A laboriosa elaboración dos gorros, a indumentaria de cada madama e galán, os complementos, os traslados e os gastos que supón manter a actividade todo o ano serían impensables sen a implicación e as renuncias das familias”.

O VIII Encontro de Entroidos reuniu en Vilaboa tradición, patrimonio e intercambio cultural

O Entroido de Cobres celebrou a súa oitava edición nun ano especialmente significativo tras a...

O VIII Encontro de Entroidos de Vilaboa reunirá representacións de Galicia, Cantabria, Estremadura e Portugal

O próximo 27 de xuño de 2026, Cobres volverá converterse nun punto de encontro para a cultura...

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...
Ir o contido