O Entroido de Cobres viaxa a Sardeña na súa primeira saída da Península Ibérica

Agosto 5, 2025

O Entroido de Cobres vén de participar no prestixioso Festival Identidades, celebrado na localidade de Fonni, en Sardeña (Italia), entre o 2 e o 4 de agosto. Trátase dun encontro internacional de expresións culturais tradicionais que reúne a representación de festas e rituais populares de toda Europa.

Esta viaxe supón un fito histórico para a festa: é a primeira vez que o Entroido de Cobres sae da Península Ibérica, levando a súa identidade e tradición máis alá do ámbito galego e estatal.

A participación foi posible grazas á invitación da Associazione Urthos e Buttudos de Fonni, organizadora do evento, e á coordinación da Asociación Cultural Cobres, que asumiu a loxística do desprazamento e representación do Entroido.

A comitiva estivo formada por integrantes da banda Aires de Cobres, así como por madamas e galáns das parroquias de San Adrián e Santa Cristina. Moitas das persoas participantes sacrificaron o seu tempo persoal e contribuíron economicamente para facer posible esta representación, amosando unha vez máis o forte compromiso co patrimonio cultural da comunidade.

Durante o desfile polas rúas de Fonni, bailouse co ritmo característico do Entroido, vestindo os traxes tradicionais cos seus vistosos sombreiros e lazos decorados con elementos decorativos cosidos a man, e repartíronse folletos informativos entre o público para dar a coñecer a historia, os valores e a singularidade desta celebración, unha das poucas en Europa que non emprega máscaras.

A participación no Festival Identidades supón un paso importante na proxección internacional do Entroido de Cobres, recoñecido como Ben de Interese Cultural e Festa de Interese Turístico de Galicia, e reforza o seu papel como símbolo vivo da tradición galega.

Actividade cofinanciada pola Deputación de Pontevedra.

O VIII Encontro de Entroidos reuniu en Vilaboa tradición, patrimonio e intercambio cultural

O Entroido de Cobres celebrou a súa oitava edición nun ano especialmente significativo tras a...

O VIII Encontro de Entroidos de Vilaboa reunirá representacións de Galicia, Cantabria, Estremadura e Portugal

O próximo 27 de xuño de 2026, Cobres volverá converterse nun punto de encontro para a cultura...

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...
Ir o contido