Morada do Entroido de Cobres 2026

Marzo 2, 2026

O Entroido de Cobres 2026 continúa a celebración coa tradicional Morada do Entroido, unha xornada de convivencia pensada para compartir mesa, música e bo ambiente tras os intensos días da festa.

A cita terá lugar o próximo sábado 14 de marzo de 2026 en Riomaior, nun encontro aberto para seguir desfrutando do espírito do Entroido xunto a participantes, veciñanza e persoas amigas da festa.

A programación da xornada inclúe:

🕜 13:30 h – Sesión vermú
🕝 14:30 h – Xantar de confraternidade

O menú contará con entrantes, carne asada con patacas, bebidas, sobremesa e café, nun ambiente pensado para celebrar xuntos unha nova edición do Entroido de Cobres.

A xornada estará acompañada de animación musical e tamén haberá inchables para os máis pequenos e pequenas, convertendo a Morada nun evento para todas as idades.

📍 Lugar: Riomaior
📞 Reservas ata o 9 de marzo

Un día para seguir celebrando xuntos a tradición máis representativa do municipio e poñer o broche final ao Entroido de Cobres 2026. Non faltes!

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...

O Entroido de Cobres leva a súa tradición ata Santiago no Entroido de Sar 2026

O Entroido de Cobres participou o pasado sábado 28 de febreiro no Entroido de Sar 2026, unha...

O Entroido de Cobres leva a súa tradición ata Cantabria no Carnaval de Piasca 2026

O Entroido de Cobres participou o pasado sábado 21 de febreiro no tradicional Carnaval de Piasca...
Ir o contido