O Entroido de Cobres participará no Carnaval de Piasca 2026 (Cantabria)

Febreiro 16, 2026

O Entroido de Cobres viaxará o próximo sábado 21 de febreiro de 2026 ata Piasca (Liébana, Cantabria) para participar como grupo convidado no tradicional Carnaval de Piasca 2026, unha das celebracións máis singulares do norte peninsular, centrada na recuperación e posta en valor das tradicións do entroido e do patrimonio cultural inmaterial.

A participación do Entroido de Cobres formará parte dun amplo programa de actividades organizado pola Asociación Cultural “Andruido en la Paré de Piasca”, no que tamén participarán outras agrupacións e personaxes tradicionais de diferentes territorios do Estado, como El Atenazador de San Vicente de la Cabeza (Zamora) ou os Zamarrones de Los Carabeos (Cantabria), ademais de colectivos culturais e agrupacións musicais da comarca lebaniega.

A xornada contará con recepción oficial ás asociacións participantes, pregón do carnaval, actuacións culturais, música tradicional e diferentes actividades festivas ao longo do día. O Entroido de Cobres estará presente nos actos centrais e no gran pasarrúas das asociacións participantes polas rúas da vila de Potes, un dos momentos máis destacados da programación do carnaval.

Esta participación supón unha nova oportunidade para seguir difundindo e dando visibilidade ao Entroido de Cobres fóra de Galicia, compartindo espazo con outras manifestacións tradicionais e fortalecendo os vínculos entre celebracións populares que traballan pola conservación do patrimonio cultural.

📍 Lugar: Piasca e Potes (Liébana, Cantabria)
📅 Data: Sábado, 21 de febreiro de 2026

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...

O Entroido de Cobres leva a súa tradición ata Santiago no Entroido de Sar 2026

O Entroido de Cobres participou o pasado sábado 28 de febreiro no Entroido de Sar 2026, unha...

Morada do Entroido de Cobres 2026

O Entroido de Cobres 2026 continúa a celebración coa tradicional Morada do Entroido, unha xornada...
Ir o contido