O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

Marzo 11, 2026

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello quixo recoñecer o labor das mulleres que, co seu traballo silencioso, compromiso e implicación ao longo dos anos, fan posible a continuidade da tradición máis representativa do municipio. Un total de 22 mulleres vinculadas ao Entroido de Cobres recibiron o Premio 8M de Vilaboa 2026, nun emotivo acto celebrado na Casa da Cultura de Riomaior.

O recoñecemento puxo o foco en tres piares fundamentais do Entroido de Cobres: as costureiras, as Veteranas do Entroido, as integrantes do grupo de música e Aires de Cobres, así como as mulleres da xunta directiva da Asociación Cultural Cobres, todas elas responsables de manter viva unha celebración centenaria mediante o traballo diario, a transmisión oral, a organización e a conservación do patrimonio.

Entre as homenaxeadas atopábanse representantes das costureiras que, puntada a puntada, elaboran os elaborados traxes e sombreiros do Entroido; das Veteranas do Entroido, creadas hai xa catorce anos para recuperar unha ilusión que moitas mulleres non puideran vivir na súa mocidade; das músicas de Aires de Cobres, responsables de manter vivo o son da tradición; e das integrantes da Asociación Cultural Cobres, encargadas da coordinación, organización e recuperación documental da festa.

O acto, organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vilaboa, contou coa actuación das Pandereteiras Tudoten de Soutomaior, coa proxección dun vídeo realizado por Nuria Morgade recollendo testemuños e emocións das protagonistas, e coa entrega dunha peza escultórica creada pola artista Irene Silva Xiráldez, pertencente á colección Muller das Salinas.

En representación das homenaxeadas, Lidia Peleteiro destacou durante o acto que as premiadas son “só unha representación das que estiveron antes e das que virán despois”, reivindicando o papel fundamental das mulleres na conservación dunha tradición que forma parte da identidade de Vilaboa. Pola súa banda, o alcalde César Poza e a concelleira de Igualdade Carmen Gallego subliñaron o valor incalculable do legado cultural que estas mulleres contribúen a preservar xeración tras xeración.

Desde o Entroido de Cobres quérese agradecer este recoñecemento colectivo, que pon en valor o traballo de tantas mulleres que, desde diferentes ámbitos e moitas veces de maneira silenciosa, fixeron e seguen facendo posible que o Entroido continúe vivo e siga transmitíndose de xeración en xeración.

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Entroido de Cobres leva a súa tradición ata Santiago no Entroido de Sar 2026

O Entroido de Cobres participou o pasado sábado 28 de febreiro no Entroido de Sar 2026, unha...

Morada do Entroido de Cobres 2026

O Entroido de Cobres 2026 continúa a celebración coa tradicional Morada do Entroido, unha xornada...

O Entroido de Cobres leva a súa tradición ata Cantabria no Carnaval de Piasca 2026

O Entroido de Cobres participou o pasado sábado 21 de febreiro no tradicional Carnaval de Piasca...
Ir o contido