O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

Maio 18, 2026

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional, despois da publicación este 18 de maio de 2026 no Boletín Oficial del Estado (BOE nº 120) da resolución da Secretaría de Estado de Turismo, un recoñecemento histórico que sitúa esta celebración entre as festas máis destacadas do panorama cultural e turístico do Estado.

Con esta distinción, o Entroido de Cobres convértese na duodécima Festa de Interese Turístico Nacional de Galicia e na número 162 de España, consolidando o valor patrimonial dunha celebración centenaria profundamente vinculada á identidade cultural de Vilaboa e ao patrimonio inmaterial galego.

A resolución, asinada o pasado 28 de abril de 2026, recoñece a singularidade do Entroido de Cobres, destacando aspectos como a súa antigüidade, documentada desde o século XVIII, a continuidade histórica da celebración, a riqueza das súas danzas e rituais tradicionais e a implicación da comunidade local na súa conservación e transmisión ao longo das xeracións.

Entre os elementos especialmente valorados figura a singularidade das madamas e galáns, personaxes centrais da festa, cuxo elaborado vestiario e presenza co rostro descuberto constitúen un dos trazos máis recoñecibles e diferenciadores do Entroido de Cobres dentro do panorama dos entroidos tradicionais galegos.

Esta declaración supón un recoñecemento ao esforzo colectivo de xeracións de veciños e veciñas que mantiveron viva a tradición mesmo nos momentos máis difíciles, garantindo a continuidade dunha celebración que conseguiu conservar a súa esencia e autenticidade ata a actualidade. Músicos, costureiras, bailaríns, familias participantes, integrantes da Asociación Cultural Cobres, persoas colaboradoras e veciñanza en xeral forman parte dun legado compartido que hoxe recibe un importante respaldo institucional.

Desde o Entroido de Cobres quérese expresar un profundo agradecemento a todas as persoas, entidades e institucións que contribuíron a facer posible este logro histórico, así como a todas aquelas xeracións que, co seu esforzo e compromiso, permitiron que esta tradición chegase viva ata os nosos días.

A publicación da declaración no BOE representa un fito histórico para o Entroido de Cobres, pero tamén un novo punto de partida para continuar traballando na súa conservación, promoción e difusión, reforzando a proxección dunha das tradicións máis singulares de Galicia dentro e fóra da comunidade.

Porque este recoñecemento non pertence só ao Entroido de Cobres: pertence a todo un pobo que fixo da tradición unha forma de identidade colectiva.

A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o...

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...

O Entroido de Cobres leva a súa tradición ata Santiago no Entroido de Sar 2026

O Entroido de Cobres participou o pasado sábado 28 de febreiro no Entroido de Sar 2026, unha...

Morada do Entroido de Cobres 2026

O Entroido de Cobres 2026 continúa a celebración coa tradicional Morada do Entroido, unha xornada...

O Entroido de Cobres leva a súa tradición ata Cantabria no Carnaval de Piasca 2026

O Entroido de Cobres participou o pasado sábado 21 de febreiro no tradicional Carnaval de Piasca...
Ir o contido