A Noite de Encontros do VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026 xa ten cartel completo

Xuño 3, 2026

O VIII Encontro de Entroidos de Cobres, que se celebrará o 27 de xuño en Vilaboa, xa ten pechado o cartel da súa esperada Noite de Encontros do Entroido de Cobres 2026, unha proposta musical pensada para prolongar a festa despois das actuacións dos entroidos tradicionais.

A música comezará a partir das 21:00 horas cun cartel que mestura espectáculo, clásicos festivos e sesións para todos os públicos.

Un dos grandes protagonistas da noite será Festicultores Troupe, unha das formacións máis coñecidas do panorama festivo galego. O grupo destaca polo seu humor, a interacción constante co público e unha posta en escena irreverente que converte cada concerto nunha auténtica festa colectiva.

A continuación subirán ao escenario The Tetas’ Van, unha banda coñecida polas súas versións de cancións populares e pola capacidade para facer cantar e bailar ao público cun repertorio divertido, dinámico e pensado para todas as xeracións.

A madrugada contará tamén cos DJ’s Encontro. Repite unha das figuras xa habituais nas festas do Entroido de Cobres, Gabry DJ, un clásico das celebracións de Cobres que volverá poñer banda sonora á noite.

Como novidade desta edición incorpórase La Yaya DJ, coñecida polas súas sesións eclécticas nas que mestura música de diferentes épocas e estilos, creando un ambiente festivo pensado para públicos moi diversos.

Con este cartel, a Noite de Encontros do Entroido de Cobres 2026 completa a súa programación musical e reforza unha proposta que combina patrimonio cultural, música e convivencia nunha das citas máis destacadas do calendario festivo de Vilaboa.

Toda a programación do VIII Encontro de Entroidos de Cobres pode consultarse na páxina web oficial e nas redes sociais do Entroido de Cobres.

VIII Encontro de Entroidos de Cobres 2026: Vilaboa volverá converterse na capital do Entroido tradicional

O Entroido de Cobres celebrará o sábado 27 de xuño de 2026 a VIII edición do Encontro de...

O Entroido de Cobres xa é oficialmente Festa de Interese Turístico Nacional

O Entroido de Cobres vén de acadar oficialmente a declaración de Festa de Interese Turístico...

O Entroido de Cobres recibe aos participantes da Ultreia 2026 ao seu paso por Vilaboa

O Entroido de Cobres participou este pasado domingo 12 de abril na Ultreia 2026 Tui–Pontevedra,...

O Entroido de Cobres leva a tradición de Vilaboa á XI edición do Festival Internacional ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participou os pasados 21 e 22 de marzo na XI edición do Festival...

A Morada puxo o broche final ao Entroido de Cobres 2026 cunha xornada de convivencia en Riomaior

O Entroido de Cobres 2026 puxo o seu broche final o pasado sábado 14 de marzo coa celebración da...

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViboMask 2026

O Entroido de Cobres participará na XI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica...

O Premio 8M de Vilaboa recoñece ás mulleres que sosteñen vivo o Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres foi protagonista do acto institucional do 8M en Vilaboa, no que o Concello...

O Entroido de Cobres leva a súa tradición ata Santiago no Entroido de Sar 2026

O Entroido de Cobres participou o pasado sábado 28 de febreiro no Entroido de Sar 2026, unha...

Morada do Entroido de Cobres 2026

O Entroido de Cobres 2026 continúa a celebración coa tradicional Morada do Entroido, unha xornada...

O Entroido de Cobres leva a súa tradición ata Cantabria no Carnaval de Piasca 2026

O Entroido de Cobres participou o pasado sábado 21 de febreiro no tradicional Carnaval de Piasca...
Ir o contido