Imaxe de marca para o Entroido de Cobres

Decembro 15, 2023

O evento festivo conta cunha web propia como parte do expediente iniciado  para a súa declaración como Fiesta de Interés Turístico Nacional.

O Concello de Vilaboa e Asociación Cultural Cobres presentaron hoxe 15 de decembro a nova imaxe da marca Entroido de Cobres e a web propia coa que esta festa tradicional avanzará na súa promoción nacional e internacional, cumprindo así parte dos requisitos imprescindibles no expediente de Declaración de Fiesta de Interés Turístico Nacional aprobada polo goberno local este mesmo ano.

A maiores, e partindo de que o evento xa ten a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, a web do Entroido de Cobres está dispoñible en tres idiomas, ten accesibilidade para persoas xordas e cegas, cumple coa linguaxe inclusiva e recollerá toda a proxección nacional e internacional deste evento.

Un proceso que tanto o o alcalde de Vilaboa, César Poza como a concelleira de Promoción Económica, Carmen Gallego, estimaron que terá un mínimo de dous anos. “É un expediente complexo e son moitos os parámetros que temos que cumprir antes de presentar a solicitude no Ministerio que corresponda coa ilusión de que este Entroido conte con esa distinción especial”, explicou Carmen Gallego.

No acto de presentación o goberno local estivo acompañado por dous membros da Asociación Cultural Cobres, Dani Somoza e Lidia Peleteiro a quenes felicitaron pola recente recepción do premio Emilia Pardo Bazán de Turismo e que explicaron que contan xa cunha axenda de saídas e encontros para dar a coñecer o Entroido de Cobres e que a semana próxima os levará a Portugal e en xaneiro a Fitur.

En canto á imaxe de marca do Entroido de Cobres o gorro é o elemento principal, combinando o compromiso coa tradición, apelando á vez á festa e á diversión. Nela pódese ver de xeito claro os ornamentos, as formas xeométricas na cultura castrexa galega e o escudo do Concello que presenta a historia e o entorno xeográfico de Vilaboa.

As características particulares deste logotipo do Entroido de Cobres son as súas formas xeométricas imitando as frores, parte fundamental dos sombreiros que levan as madamas e os galáns, todo inspirado na cultura castrexa que ornamentaba as súas vasixas con formas xeométricas e que se perpetuaban no tempo. Por outra parte as cores do Concello de Vilaboa non só representan a contorna senón que tamén aportan un aire festivaleiro á mesma marca. O sombreiro leva ao espectador a asociar de forma rápida e sinxela o Entroido de Cobres.

O Entroido de Cobres presenta o seu himno inspirado na Oliveira do Cen Anos

A Asociación Cultural Cobres e o Concello agradecen o apoio e colaboración de C. Tangana, Little...

A Corrida do Galo toma hoxe o relevo ás danzas do Entroido de Cobres

Xogos populares, concurso de disfraces, a queima do galo e a predicadora Leti da Taberna poñen fin...

Leti da Taberna repite como predicadora do Entroido de Cobres por segundo ano consecutivo

A creadora de contido en galego garante diversión na tarde da Corrida do Galo con xogos populares...

Os maghachos tomarán protagonismo na terceira xornada do Entroido de Cobres

Converterán a carpa nun espazo de diversión satírica ataviados con complementos que oculten a súa...

O Entroido de Cobres incorpora a xota de San Adrián

A banda de gaitas Aires de Cobres, pertencente á Asociación, leva meses ensaiando para estrear...

Vilaboa convida á bisbarra a gozar da gastronomía local da man do Entroido

César Poza lembra que Madamas e Galáns danzarán sen descanso desde as 10 da mañá: “Pódense...

As veteranas, a alternativa para as mulleres que non desfrutaron do Entroido de mozas

Moitas veciñas de Cobres viviron a festa como espectadoras debido ao elevado custo dos traxes de...

Puntadas de ilusión para que madamas e galáns deslumbren non Entroido de Cobres

O Entroido do concello de Vilaboa, na ría de Vigo, susténtase en tradicións ancestrais do século...

Madamas e galáns achegarán aos barrios de Vilaboa o Entroido de Cobres

Danzarán en Santa Marta, Alcouce e Postemirón pola mañá e en Paredes e As Salinas pola tarde....

Entroido de Cobres 2025

Unha nova cita co Entroido de Cobres terá lugar do 1 ao 4 de marzo deste ano en Cobres, Vilaboa....
Ir o contido