Posta en valor do patrimonio e identidade do entroido na II Xornada TEMPO DE ENTROIDO

Xaneiro 15, 2024

O presidente da Asociación Cultural Cobres, Martín Duarte, tamén galán do Entroido de Cobres organizado por dita asociación xunto ó concello de Vilaboa, estivo presente na II Xornada TEMPO DE ENTROIDO no coloquio “Patrimonio e Identidade”.

Xunto ó entroido de Xinzo de Limia e ao de Eiroás, Martín falou sobre a orixe do Entroido de Cobres, os seus rituai ancestrais e describiu os traxes e sombreiros de Madamas e Galáns, personaxes deste entroido ancestral de Galicia.

Coñecer a historia detrás dunha festa cultural de tal relevancia como o Entroido de Cobres ten especial importancia para a súa continuidade e para a recuperación de rituais e danzas antigas que co paso do tempo quedaron esquecidas, e que grazas ao boca a boca dos nosos maiores se dan a coñecer.

Participación del Entroido de Cobres en el coloquio "Patrimonio e Identidad" de las II Jornada TEMPO DE ENTROIDOS invitados por la Comisión del Entroido de Laza, la Asociación Cultural Enlazados y el Ayuntamiento de Laza.
Participación do Entroido de Cobres no coloquio “Patrimonio e Identidade”

Esta II Xornada celebrada o 13 de xaneiro estivo organizada polo Entroido de Laza, a Asociación Cultural Enlazados e o Concello de Laza, a quen se agradece a invitación.

Entroido de Cobres 2025

Unha nova cita co Entroido de Cobres terá lugar do 1 ao 4 de marzo deste ano en Cobres, Vilaboa....

Citas pre-entroido 2025

Onde nos poderás atopar os días previos ao Entroido de Cobres de 2025? 31 de xaneiro: Colexio O...

Últimas citas do ano: Santiago, Lisboa e Salceda de Caselas.

Tralo descanso do verán, o Entroido de Cobres retomou a súa axenda en Santiago de Compostela e...

VI Encontro de Ranchos e danzas tradicionais 

Queremos desexarvos unhas felices festas e un próspero aninovo e tamén convidarvos a Salceda de...

Desfile de Entroidos Tradicionais de Galicia

Como voltamos moi animados, xa vos confirmamos que este sábado temos programada a participación do...

XVI Desfile Internacional da Máscara IbéricaXIV

Tras unhas vacacións ben merecidas, o Entroido de Cobres volve poñerse en marcha nunha nova visita...

Entroidos de España e Portugal compartiron tradición e cultura este sábado en Vilaboa

Desfiles, concursos, gastronomía, bailes e animación conforman un intenso programa para unha tarde...

Encontro de Entroidos 2024

O próximo 13 de xullo terá lugar o VI Encontro de Entroidos de Vilaboa, con sesión vermú no...

O Entroido de Cobres de ruta por Bemposta (Portugal), e Viana do Bolo e Vilariño do Conso (Ourense).

O Entroido de Cobres segue compartindo cultura e tradición con outros entroidos e mascaradas. O 24...

IX Festival Internacional Vibomask

Os próximos 27 e 28 de abril o Entroido de Cobres participará no Festival Vibomask, Mascarada...
Ir o contido