Hoxe tivo lugar a presentación do Entroido de Cobres en diferentes parroquias do concello de Vilaboa.
Pola mañá bailaron na rúa da capela de Santa Marta en Bértola ás 11:00, ás 12:00 estiveron na casa da cultura de Figueirido e ás 13:00 chegaron a Postemirón para deleitar ós lugareños con diferentes pezas típicas do noso entroido.

Entroido de Cobres en Santa Marta, Bértola.

Entroido de Cobres na casa da cultura de Figueirido.

Entroido de Cobres en Postemirón.
Xa pola tarde, e para poñer o broche final a esta presentación, madamas e galáns desprazáronse ao fermoso paisaxe das Salinas do Ulló.

Entroido de Cobres nas Salinas do Ulló.
