O próximo 23 de decembro o Entroido de Cobres participará no festival Galhofa, tradición da Aldeia de Arcas.
En Arcas, concello de Macedo de Cavaleiros, a tradición das mascaradas estivo perdida durante algunhas décadas, pero recentemente foi recuperada e xa nos acompañaron no noso Encontro de Entroidos 2023.
Este 23 de decembro estaremos participando no seu primeiro festival Galhofa, adicado a esa tradición, e que durará dende o 22 ao 26 deste mes, comezando o 22 cunha cea de Nadal, para o 23 acoller a varios grupos de entroidos e caretos entre os que se atopa o noso Entroido de Cobres. O resto de días están adicados ós seus actos tradicionais.
Comentarios recentes