Catro días de danzas polas rúas de Cobres (parroquias de San Adrián e Santa Cristina) e festa rachada cada noite, finalizando coa Corrida do Galo o martes pola tarde onde haberá moitas actividades de desfrute e participación para as persoas que queiran acompañar ó Entroido de Cobres no seu día grande.
Se te pasas por Vilaboa ou arredores non tes excusa, vén coñecer un dos entroidos máis ancestrais de Galicia e un dos máis coloridos e divertidos.
Todo organizado pola Asociación Cultural Cobres e o Concello de Vilaboa, coa cofinanciación da Xunta de Galicia, ABANCA e a Deputación de Pontevedra.
Comentarios recentes