Galicia e Portugal xuntáronse para saudar o inicio do invierno neste encontro celebrado na aldea de Arcas en Macedo de Cavaleiros organizado polos Caretos de Arcas, mascarada tradicional do noso país veciño que foi recuperada recentemente.
Este festival comenzou o 3 de decembro coa apertura dunha exposición fotográfica titulada “Viaxe polo mundo da máscara“. As celebraciones propias tiveron lugar do 22 ao 26 de decembro, con varios rituais e desfiles.
O Entroido de Cobres foi convidado a participar no desfile que tivo lugar o 22 de decembro polas rúas da aldea de Arcas, onde a veciñanza abriu as súas portas para ofrecer comida e bebida aos grupos de caretos e mascarados visitantes. Fogueiras repartidas polo asfalto daban calor aos participantes e animaban a compartir tradicións entre dúas terras irmás, Galicia e norte de Portugal.
Ó final do desfile, a organización repartiu uns fermosos recordos deste paso por un festival tradicional que fixo a Madamas e Galanes comenzar o nadal compartindo cultura e diversión.