O Entroido de Cobres crea dous QR para seguir o programa en tempo real

Xaneiro 18, 2024

Concello e Asociación Cultural Cobres convidan a “ver e vivir” unha festa que encherá Vilaboa de tradición, de singularidade e de colorido do 10 ao 13 de febreiro.

Arroupados polo alcalde de Vilaboa, César Poza e pola concelleira de Dinamización Económica, Carmen Gallego, membros da Asociación Cultural Cobres presentaron o 17 de xaneiro no Concello o programa do Entroido para este ano, unha edición que porá de relevo os valores máis emblemáticos deste festexo singular e único en Galicia botando man das novas tecnoloxías. O cartel, coa nova imaxe e cores aprobada para esta nova andaina do Entroido de Cobres na que aspira a conseguir a catalogación como Fiesta de Interés Turístico Nacional, conta con dous códigos QR que facilitarán o seguimento das actividades en tempo real. Un deles permite o acceso directo á web específica do Entroido e o outro permitirá a calquera que queira vivir esta festa a saber en tempo real onde estarán danzando as madamas e galáns a través de WhatsApp.

Martín Duarte, presidente da Asociación Cultural Cobres, matizou durante a presentación a diferencia entre “ver e vivir” o Entroido de Cobres. Para a primera opción o momento ideal será o martes 13 de febreiro, xornada grande dos festexos, na que ademáis do percorrido polos barrios haberá sesión vermú e pola tarde a Corrida do Galo presentada polo televisivo Isi e como predicadora Leti da Taberna, creadora de contido en galego cun importante número de seguidores nas súas redes. “Pero quen queira vivir o Entroido ten que participar no percorrido que facemos do 10 ao 13 de febreiro por todos os barrios”, apuntou Martín Duarte. Arredor de 80 danzantes, con idades comprendidas entre os 5 e os 35 anos, adican o día enteiro a percorrer a pé coas danzas e coloridas vestimentas cada unha das localidades de Cobres en Vilaboa. “Eso haino que ver, a cara coa que nos recibe a xente; como nos abren as portas das súas casas”, insiste Duarte. César Poza convida tamén a participar directamente nesta parte máis interna do Entroido. “Calquera de fóra sentirase parte desta Festa a través dos propios recordos que as danzas despertan entre as persoas residentes en cada zona”, conclúe. Na organización do Entroido, xunto ao nutrido grupo que percorrerá as parroquias, está outro de veteranos, con idades máis maduras, que traballan na recuperación de danzas tradicionais e que poñerán en escena o martes 13 na carpa da Festa.

Cartel co programa do Entroido de Cobres 2024
Cartel co programa do Entroido de Cobres 2024

Encontro de Entroidos 2024

O próximo 13 de xullo terá lugar o VI Encontro de Entroidos de Vilaboa, con sesión vermú no...

IX Festival Internacional Vibomask

Os próximos 27 e 28 de abril o Entroido de Cobres participará no Festival Vibomask, Mascarada...

Participación no IV Encontro Internacional de Rituais Ancentrais

O Entroido de Cobres estará presente no IV Encontro Internacional de Rituais Ancestrais de...

O Entroido de Cobres no Andruido de Piasca

Este fin de semana estivemos en Piasca, en Cabezón de Liébana, no seu famoso andruido xunto a...

As vestimentas de Cobres locen en sendas exposicións temáticas do Entroido Galego en Vigo

Abertas ao público en Vigo, a primeira na cuarta planta das instalacións de El Corte Inglés dende...

Presentación do Entroido de Cobres 2024

Hoxe tivo lugar a presentación do Entroido de Cobres en diferentes parroquias do concello de...

Entroido de Cobres Internacional en Fitur

O noso entroido estivo presente en Fitur 2024 grazas a Turismo de Galicia. O venres 26 ás 14:40...

O Entroido de Galicia será declarado Ben de Interese Cultural

Esta mañá membros da Asociación Cultural Cobres acompañados do alcalde de Vilaboa estiveron...

Citas pre-entroido

Temos unha axenda moi apertada nas semanas previas ao noso gran Entroido de Cobres. Aproveitamos...

Entroido de Cobres 2024

Catro días de danzas polas rúas de Cobres (parroquias de San Adrián e Santa Cristina) e festa...
Ir o contido