Posta en valor do patrimonio e identidade do entroido na II Xornada TEMPO DE ENTROIDO

Xaneiro 15, 2024

O presidente da Asociación Cultural Cobres, Martín Duarte, tamén galán do Entroido de Cobres organizado por dita asociación xunto ó concello de Vilaboa, estivo presente na II Xornada TEMPO DE ENTROIDO no coloquio “Patrimonio e Identidade”.

Xunto ó entroido de Xinzo de Limia e ao de Eiroás, Martín falou sobre a orixe do Entroido de Cobres, os seus rituai ancestrais e describiu os traxes e sombreiros de Madamas e Galáns, personaxes deste entroido ancestral de Galicia.

Coñecer a historia detrás dunha festa cultural de tal relevancia como o Entroido de Cobres ten especial importancia para a súa continuidade e para a recuperación de rituais e danzas antigas que co paso do tempo quedaron esquecidas, e que grazas ao boca a boca dos nosos maiores se dan a coñecer.

Participación del Entroido de Cobres en el coloquio "Patrimonio e Identidad" de las II Jornada TEMPO DE ENTROIDOS invitados por la Comisión del Entroido de Laza, la Asociación Cultural Enlazados y el Ayuntamiento de Laza.
Participación do Entroido de Cobres no coloquio “Patrimonio e Identidade”

Esta II Xornada celebrada o 13 de xaneiro estivo organizada polo Entroido de Laza, a Asociación Cultural Enlazados e o Concello de Laza, a quen se agradece a invitación.

Encontro de Entroidos 2024

O próximo 13 de xullo terá lugar o VI Encontro de Entroidos de Vilaboa, con sesión vermú no...

IX Festival Internacional Vibomask

Os próximos 27 e 28 de abril o Entroido de Cobres participará no Festival Vibomask, Mascarada...

Participación no IV Encontro Internacional de Rituais Ancentrais

O Entroido de Cobres estará presente no IV Encontro Internacional de Rituais Ancestrais de...

O Entroido de Cobres no Andruido de Piasca

Este fin de semana estivemos en Piasca, en Cabezón de Liébana, no seu famoso andruido xunto a...

As vestimentas de Cobres locen en sendas exposicións temáticas do Entroido Galego en Vigo

Abertas ao público en Vigo, a primeira na cuarta planta das instalacións de El Corte Inglés dende...

Presentación do Entroido de Cobres 2024

Hoxe tivo lugar a presentación do Entroido de Cobres en diferentes parroquias do concello de...

Entroido de Cobres Internacional en Fitur

O noso entroido estivo presente en Fitur 2024 grazas a Turismo de Galicia. O venres 26 ás 14:40...

O Entroido de Galicia será declarado Ben de Interese Cultural

Esta mañá membros da Asociación Cultural Cobres acompañados do alcalde de Vilaboa estiveron...

Citas pre-entroido

Temos unha axenda moi apertada nas semanas previas ao noso gran Entroido de Cobres. Aproveitamos...

O Entroido de Cobres crea dous QR para seguir o programa en tempo real

Concello e Asociación Cultural Cobres convidan a “ver e vivir” unha festa que encherá Vilaboa de...
Ir o contido