Temos unha axenda moi apertada nas semanas previas ao noso gran Entroido de Cobres. Aproveitamos para mantervos ao día destas citas de vital importancia para dar a coñecer esta tradición tan importante!
PROGRAMACIÓN:
20 de xaneiro _ Presentación da declaración do Entroido Galego como Ben de Interese Cultural (BIC) pola Consellería de Cultura no Museo Galego do Entroido en Xinzo de Limia ás 11:00h.
21 de xaneiro _ Aparición no programa XUNTOS EN DIRECTO da TVG a partir das 15:45h.
22 de xaneiro _ Visita de madama e galán ao IES DO BARRAL en Ponteareas en horario de mañá.
26 ao 27 de xaneiro _ Participación en FITUR 2024 de madama e galán con Turismo de Galicia.
26 de xaneiro _ Visita ao centro de maiores BOAS APERTAS en Talo Río (Arcade) ás 17:30h.
28 de xaneiro _ Presentación do Entroido de Cobres nas parroquias de Vilaboa:
- 11:00h Santa Marta (capela)
- 12:00h Figueirido (casa da cultura)
- 13:00h Postemirón (adro das Festas)
- 16:30h Salinas do Ulló
29 xaneiro ao 6 de febreiro _ Participación na exposición do Corte Inglés de Vigo sobre entroidos en Galicia (4ª planta).
29 de xaneiro_ Entrevista en Territorio Viajero con Paco Huertas a partir das 12:00h.
30 xaneiro ao 17 de febreiro _ Participación na exposición temporal sobre o entroido no Museo Liste de Vigo.
1 de febreiro_ Recollida das plumas para a Queima do Galo polos centros educativos do concello pola mañá. Pola tarde entrevistas do Faro de Vigo e A Voz de Galicia.
2 de febreiro _ Visita a Colexio O Castro British en horario de mañá, participación de madama e galán no programa QUEN ANDA AÍ da TVG a partir das 15:45h e no programa Hora Galega tamén da TVG a partir das 19:00.
3 de febreiro _ Participación no Entroido de Piasca (Cantabria).
4 de febreiro_ Entrevista en Vermú con Ser, de Radio Pontevedra a partir das 13:30h.
5 de febreiro _ Visita ao centro de maiores DOMUSVI de Pontevedra ás 18:00h e participación na campaña de turismo da Xunta de Galicia en Xinzo.
6 de febreiro _ Visita a CEIP Petelos en Mos, á Residencia de Maiores Bembrive, ao Centro de día ASPAVI en Pazos de Borbén e ao centro de día OS CORTIZOS en Redondela en horario de mañá.
8 de febreiro_ Visita á Escola de Pousada do CRA Plurilingüe de Vilaboa.
9 de febreiro _ Charla sobre o entroido no Colexio Curros Enríquez en horario de mañá.
E do 10 ao 13 de xaneiro… Entroido de Cobres!
Comentarios recentes