O noso entroido estivo presente en Fitur 2024 grazas a Turismo de Galicia.
O venres 26 ás 14:40 tivo lugar a presentación no stand da Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia na Feira Internacional de Turismo, FITUR, do entroido de Galicia onde estivo unha representación do Entroido de Cobres.
Ademais, María Orge e Jacobo Lusquiños, a nosa madama e galán embaixadores, estiveron visitando Fitur e dando a coñecer a nosa tradición e historia a través das diferentes comunidades autónomas e tambén doutros países presentes nesta cita de relevancia internacional para o Turismo.
O Conselleiro aproveitou para presentar ante os presentes a posta en marcha pola Xunta de Galicia da consecución de que todos os nosos entroidos sexan Ben de Interese Turístico a nivel nacional (BIC).