As vestimentas de Cobres lucen nas exposicións temáticas de El Corte Inglés de Vigo e do Museo Liste

Xaneiro 29, 2024

Os traxes típicos de madamas e galáns participarán dende o 29 de xaneiro ata o 6 de febreiro na exposición temporal que sobre o Entroido Galego organiza El Corte Inglés na cuarta planta das súas instalacións en Vigo, e do 1 ao 13 de febreiro na exposición temporal do Museo Liste titulada Máscaras Rituais.

As persoas que se acheguen observarán con detalle o artesanal traballo de preparación das roupas, con especial atención aos complementos de xoeiría.

Exposición Temporal no Museo Liste

Trátase dun Entroido que desbotou as máscaras e antifaces e mantivo intacto o esmero e a pulcritude en cada un dos detalles dos traxes, nos que cintas, abalorios e reloxes son elementos que dan vistosidade ao conxunto no que o verdadeiro protagonista é o suntuoso sombreiro, verdadeira xoia artesanal, concebida para a relaxación visual grazas á policromía e perfecta harmonía das múltiples pezas que o compoñen: multitude de brillantes e pequenos adornos, flores, trozos de espellos, bonecos pequenos e prolongándose polas costas cintas que estilizan a figura da rapaza. Arredor da base do sombreiro, hai plumas que con outros adornos recubren o armazón de palla, chegando a pesar cada peza sobre 7 kilos. Logo, as mellores xoias de ouro sobre o gorro e o peitoril subraian a grandeza do insólito ropaxe.

Exposición Temporal en El Corte Inglés

Tamén os galáns lucen un sombreiro similar, ainda que máis lixeiro e a súa vestimenta, e con moitas similitudes coas da madama, limítase a unha camisa branca con adornos de cintas de cores, garavata, panos de seda que cubre a cintura ata as rodillas e hombreiros ata a cintura, pantalón branco con liña lateral de cor vivo e zapato negro. Os traxes do Entroido de Cobres lucen xunto ás vestimentas típicas doutros entroidos galegos.

O Entroido de Cobres no Andruido de Piasca

Este fin de semana estivemos en Piasca, en Cabezón de Liébana, no seu famoso andruido xunto a...

Presentación do Entroido de Cobres 2024

Hoxe tivo lugar a presentación do Entroido de Cobres en diferentes parroquias do concello de...

Entroido de Cobres Internacional en Fitur

O noso entroido estivo presente en Fitur 2024 grazas a Turismo de Galicia. O venres 26 ás 14:40...

O Entroido de Galicia será declarado Ben de Interese Cultural

Esta mañá membros da Asociación Cultural Cobres acompañados do alcalde de Vilaboa estiveron...

Citas pre-entroido

Temos unha axenda moi apertada nas semanas previas ao noso gran Entroido de Cobres. Aproveitamos...

O Entroido de Cobres crea dous QR para seguir o programa en tempo real

Concello e Asociación Cultural Cobres convidan a “ver e vivir” unha festa que encherá Vilaboa de...

Entroido de Cobres 2024

Catro días de danzas polas rúas de Cobres (parroquias de San Adrián e Santa Cristina) e festa...

Posta en valor do patrimonio e identidade do entroido na II Xornada TEMPO DE ENTROIDO

O presidente da Asociación Cultural Cobres, Martín Duarte, tamén galán do Entroido de Cobres...

II Xornada TEMPO DE ENTROIDO

Este sábado 13 de xaneiro estaremos en Laza, na II Xornada "TEMPO DE ENTROIDO" organizada pola...

Paso do Entroido de Cobres polo Festival da Galhofa en Portugal

Galicia e Portugal xuntáronse para saudar o inicio do invierno neste encontro celebrado na aldea...
Skip to content