Bases do concurso de murais

“ENTROIDO DE COBRES NA RÚA”

A Asociación Cultural Cobres, entidade sen ánimo de lucro, con CIF G36128296 e domicilio na Casa da Cultura de Riomaior, San Adrián de Cobres, 36142 Vilaboa (Pontevedra), convoca un concurso de murais ao aire libre “ENTROIDO DE COBRES NA RÚA” enmarcado no seu VI Encontro de Entroidos que terá lugar o 13 de xullo do presente ano 2024 e organizado coa colaboración do Concello de Vilaboa. A continuación, establécense os requisitos de participación no mesmo.

1º.- Requisitos dos/a participantes.

  • Pode participar neste concurso calquera persoa ou grupo de persoas maiores de 16 anos con domicilio en calquera municipio de España e que demostren un axeitado nivel artístico no campo de pintado de murais ao aire libre.
  • No caso de menores de idade, necesitarase presentar autorización do pai, nai ou titor/a legal para a participación, así como para calquera cesión relacionada co mesmo.
  • Se fose un grupo, estará integrado por un máximo de 2 compoñentes. Neste caso, o grupo sería considerado un único participante.

2º.- O tema sobre o que versarán os traballos será o Entroido de Cobres.

Os traballos serán orixinais e inéditos.

Non se admitirán traballos que teñan contidos políticos, irreverentes, obscenos, xenófobos ou calquera outro que atente contra a dignidade das persoas.

3º.- O concurso estará dotado do seguinte premio.

  • 1 noite en réxime de aloxamento e almorzo para 2 persoas en casa rural de Vilaboa[1].
  • 1 cea para 2 persoas en restaurante de Vilaboa con menú pechado[2].

Os premios serán entregados o 13 de xullo durante o VI Encontro de Entroidos.

4º.- Forma de participación.

A participación é gratuíta, e será necesario realizar as seguintes accións:

  1. Cumprimentar o formulario de datos que encontrarán na web do Entroido de Cobres, https://entroidodecobres.com/.
  2. Enviar ao correo electrónico entroidocobres@gmail.com os seguintes:
    • Un bocexo co traballo que vaian a realizar.
    • Un documento coa descrición da técnica a empregar, a medida escalada do bocexo a tamaño final real, así como detalle do tempo de execución e material necesario para levar a cabo a obra.

Débese poñer no asunto do correo ENTROIDO DE COBRES NA RÚA – (número de DNI do participante, ou en caso de grupo, de un deles).

Os bocexos deberán ser orixinais e a cor. A técnica será libre, podendo utilizar calquera material necesario para o bo desenvolvemento da obra.

A superficie de que dispoñerán para facer os seus traballos será unha parede de aproximadamente 5 x 3 metros (ancho x alto). Valorarase positivamente cubrir o total da superficie proposta.

As obras presentadas non poderán ser difundidas ni mostradas en público ata que remate a valoración destas.

5º.- Prazo de participación.

Tanto a cumprimentación do formulario, como o envío dos documentos por correo electrónico debe realizarse antes de rematar o día 30 de xuño de 2024.

Unha persoa da Asociación Cultural Cobres non membro do xurado será quen verifique que os datos dos formularios teñan asociados un e-mail de participación, para en dito caso, proceder a enviar a cada membro do xurado as obras que cumpran todos os requisitos establecidos no punto 4º.

6º.- Valoración das obras.

As obras serán valoradas en relación cos seguintes criterios (cada criterio será valorado entre 1 y 5, sendo 5 a mellor valoración):

  • Adaptación á temática.
  • Orixinalidade.
  • Dificultade técnica.

O xurado estará formado por 4 membros, 2 da Asociación Cultural Cobres, 1 do Concello de Vilaboa, e un profesional do mundo da arte.

As obras estarán simplemente identificadas polo número de DNI que figure no asunto do e-mail de participación, de forma que os membros do xurado non saiban quen son os/as autores/as e que non poida este dato influír sobre a súa valoración.

Unha vez realizada a valoración, será a persoa da Asociación Cultural Cobres que se encargou da verificación do punto 5º quen identifique a autoría das obras participantes segundo os formularios recibidos e aceptados como válidos.

Os participantes serán informados pola organización mediante correo electrónico facilitado no formulario do resultado da valoración.

Seleccionaranse 1 ou 2 obras en función das valoracións emitidas polo xurado. Dita/s obra/s seleccionada/s deberá/n manterse ocultas ao público xeral ata que a organización faga pública dita selección nas súas RRSS e/ou web.

7º.- Realización da obra.

Unha vez seleccionada a obra, estableceranse os prazos de desenvolvemento desta co/a autor/a ou grupo, debendo rematar o mesmo día 13 de xuño, día no cal será presentada de forma oficial.

A obra deberá ser exacta ao presentado no bocexo seleccionado.

O lugar de desenvolvemento será nas columnas do viaduto de Riomaior, xusto enfronte da sede da Asociación Cultural Cobres, na Casa da Cultura de Vilaboa.

Antes de iniciarse as obras será necesaria a acreditación da identidade do/a/s autor/a/s mediante presentación do DNI ou NIE.

A pintura necesaria será aportada pola organización, mentres o resto dos utensilios necesarios deberaos aportar o/a autor/a ou grupos. A organización tamén se fará cargo de aportar os sistemas necesarios para acceder á área onde plasmar a obra (escadas).

Los desplazamientos para el desarrollo de la obra correrán a cargo del/a/os/as autor/a/es/as, mientras las dietas serán facilitadas por la organización.

8º.- Descualificación del concurso

Serán motivo de descualificación do concurso os seguintes motivos:

  • A realización de debuxos fora dos espazos designados pola organización.
  • A alteración das obras doutros participantes.
  • O plaxio das obras doutros artistas.
  • A non correspondencia das obras co seu bocexo orixinal.

9º.- Autoría e difusión

As obras serán firmadas polo/a/s autor/a/es/as, que poderán posteriormente darlles difusión a través das súas RRSS e/ou webs, sempre facendo mención ao Entroido de Cobres.

As actuacións serán gravadas e/ou fotografadas para a súa difusión por parte da organización do concurso nas súas RRSS, así como nas RRSS e web do Entroido de Cobres.

Os murais debuxados durante o concurso quedarán expostos nos emprazamentos nos que se fixeron, sen que por elo se derive outra compensación económica por parte da organización aos seus autores/as máis que a entregada en calidade de premio como gañador/a/as/es do concurso.

Os participantes autorizan expresamente á Asociación Cultural Cobres, para a utilización con fins publicitarios e de promoción, o seu nome e imaxe en calquera medio e material publicitario.

10º.- Imprevistos e supostos excepcionais.

A Asociación Cultural Cobres poderá dar o concurso como deserto se ningunha das obras presentadas alcanza a calidade mínima para os membros do xurado.

A Asociación Cultural Cobres resérvase o dereito a suspender, anular, prorrogar, recortar ou modificar o concurso por circunstancias de forza maior e/ou alleas a súa vontade. Chegado este caso, a Asociación Cultural Cobres non tería que xustificar a decisión e non se lle podería reclamar ningún tipo de responsabilidade, sempre de forma que non prexudiquen os dereitos adquiridos polos participantes.

A Asociación Cultural Cobres resérvase o dereito a substituír o premio citado por outro de características e valor similar. O premio entregado non será susceptible de cambio, alteración ou compensación a petición do/a/s gañador/a/s.

A Asociación Cultural Cobres non se responsabiliza do uso indebido do premio realizado polo gañador/a/s do premio ou de que o beneficiario desta promoción poida sufrir danos durante o desfrute deste, nin das posibles perdas, deterioros, roubos, ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento do concurso e os premios.

11º.- Protección de datos persoais.

Os datos persoais que sexa necesario recadar para a participación no Concurso serán tratados conforme ás normas establecidas no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo a protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento Xeral de Protección de Datos) e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

A recollida dos datos só se realizará para que ditos datos poidan ser incorporados a ficheiros titularidade da Asociación Cultural Cobres e tratados exclusivamente para a finalidade que se especifica nas presentes bases. Os datos obtidos a través dos formularios correspondentes serán os mínimos imprescindibles para facer posible a participación no Concurso.

12º.- Aceptación das bases

A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases na súa totalidade, reservándose a organización o dereito a modificar algunha delas en casos excepcionais, tal e como se cita no punto 10º.


[1] En temporada baja y siempre bajo disponibilidad.

[2] Se podrá adaptar el menú a alergias e intolerancias, en la medida de las posibilidades del restaurante.

Skip to content