“QUE É PARA TI O ENTROIDO DE COBRES?”
A Asociación Cultural Cobres, entidade sen ánimo de lucro, con CIF G36128296 e domicilio na Casa da Cultura de Riomaior, San Adrián de Cobres, 36142 Vilaboa (Pontevedra), convoca un concurso de pintura “QUE É PARA TI O ENTROIDO DE COBRES?” enmarcado no seu VI Encontro de Entroidos que terá lugar o 13 de xullo do presente ano 2024 e organizado coa colaboración do Concello de Vilaboa. A continuación, establécense os requisitos de participación no mesmo.
1º.- Requisitos dos/a participantes.
- Ser estudantes no curso 2023 – 2024 nas etapas de educación de infantil, primaria ou secundaria.
- Ter autorización do pai/nai/titor-a para participar no concurso, mediante a cumprimentación e firma do documento facilitado na web do Entroido de Cobres, www.entroidodecobres.com.
2º.- O tema sobre o que versarán os traballos será o Entroido de Cobres.
Os traballos serán orixinais e inéditos.
Non se admitirán traballos que teñan contidos políticos, irreverentes, obscenos, xenófobos ou calquera outro que atente contra a dignidade das persoas.
3º.- O concurso estará dotado do seguinte premio.
- 1 lote de material de promoción do Entroido de Cobres composto por: suadoiro, taza, bolsa de tela, botella e calcetíns por categoría.
Os premios serán entregados o 13 de xullo durante o VI Encontro de Entroidos.
4º.- Forma de participación.
A participación é gratuíta, e será necesario realizar as seguintes accións:
- Cumprimentar a autorización a descargar da páxina web do Entroido e firmala.
- A pintura realizada deberá ter por detrás o nome e apelidos do neno-a, o curso no cal estivo matriculado en 2023 – 2024, e o centro ao que pertence.
A pintura poderá ser realizada con calquera das técnicas que figuran a continuación:
- Ceras duras ou brandas.
- Lápices de cores.
- Acuarela ou témpera.
- Tinta ou rotulador.
- Técnica mixta: empregando varias das anteriores e incluso podendo integrar collage para completar a obra.
5º.- Prazo de participación.
Entregaranse ambos, pintura e autorización firmada, dentro dun sobre na Biblioteca de Riomaior en horario de 16:00 a 22:00 horas ata o 21 de xuño e de 8:00 a 14:00 horas dende o 24 de xuño, a máis tardar o 10 de xullo.
Tamén pode ser enviada por correo postal á seguinte dirección, coa suficiente antelación para ser recibida no prazo estipulado.
Asociación Cultural Cobres (CONCURSO PINTURA)
Casa da Cultura de Riomaior
Pazos,1 A – San Adrián de Cobres
36142 Vilaboa
Calquera carta que chegue despois dese prazo non será admitida para o concurso.
6º.- Valoración das obras.
As obras serán valoradas en relación cos seguintes criterios (cada criterio será valorado entre 1 e 5, sendo 5 a mellor valoración):
- Adaptación á temática.
- Orixinalidade.
- Dificultade técnica.
O xurado estará formado por 3 membros, 2 da Asociación Cultural Cobres, 1 do Concello de Vilaboa.
As categorías de valoración que se establecen son as seguintes:
- CATEGORÍA INFANTIL: nenos-as que cursasen escola infantil no curso 2023 -2024.
- CATEGORÍA PRIMARIA 1: nenos-as que cursasen 1º, 2º ou 3º de primaria no curso 2023 – 2024.
- CATEGORÍA PRIMARIA 2: nenos-as que cursasen 4º, 5º ou 6º de primaria no curso 2023 – 2024.
- CATEGORÍA SECUNDARIA: nenos-as que cursasen a ESO no curso 2023 – 2024.
Os-as gañadores-as serán anunciados no VI Encontro de Entroidos que terá lugar baixo o viaduto de Riomaior o 13 de xullo do presente, séndolles entregados os premios nese mesmo instante.
7º.- Autoría e difusión
As pinturas terán a autoría identificada, e serán expostas todas elas durante a celebración do VI Encontro de Entroidos para que todas as obras participantes poidan ser admiradas polos asistentes ao evento.
Os-as participantes autorizan expresamente á Asociación Cultural Cobres, para a utilización con fins publicitarios e de promoción, do seu nome e imaxe en calquera medio e material publicitario, así como das súas obras.
8º.- Imprevistos e supostos excepcionais.
A Asociación Cultural Cobres poderá dar o concurso como deserto se ningunha das obras presentadas alcanza a calidade mínima para os membros do xurado nalgunha das categorías.
A Asociación Cultural Cobres resérvase o dereito a suspender, anular, prorrogar, recortar ou modificar o concurso por circunstancias de forza maior e/ou alleas a súa vontade. Chegado este caso, a Asociación Cultural Cobres non tería que xustificar a decisión e non se lle podería reclamar ningún tipo de responsabilidade, sempre de forma que non prexudiquen os dereitos adquiridos polos participantes.
A Asociación Cultural Cobres resérvase o dereito a substituír o premio citado por outro de características e valor similar. O premio entregado non será susceptible de cambio, alteración ou compensación a petición do/a/s gañador/a/s.
9º.- Protección de datos persoais.
Os datos persoais que sexa necesario recadar para a participación no Concurso serán tratados conforme ás normas establecidas no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo a protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento Xeral de Protección de Datos) e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
A recollida dos datos só se realizará para que ditos datos poidan ser incorporados a ficheiros titularidade da Asociación Cultural Cobres e tratados exclusivamente para a finalidade que se especifica nas presentes bases. Os datos obtidos a través das autorizacións firmadas e das pinturas presentadas serán os mínimos imprescindibles para facer posible a participación no Concurso.
10º.- Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases na súa totalidade, reservándose a organización o dereito a modificar algunha delas en casos excepcionais, tal e como se cita no punto 8º.
Comentarios recentes