Entroido de Cobres

O Entroido é unha festa  ancestral que se perde no tempo, quizais rituais de orixe pagá que co paso do tempo e xeración tras xeración foi conseguindo o carácter  tradicional co que se mantén hoxe en día.

Entroido de Cobres

O Entroido é unha festa  ancestral que se perde no tempo, quizais rituais de orixe pagá que co paso do tempo e xeración tras xeración foi conseguindo o carácter  tradicional co que se mantén hoxe en día.

Historia do Entroido de Cobres

Entroido do Concello de Vilaboa do Morrazo, festa declarada de interese turístico no ano 1999.

A denominación Cobres é o apelido, por chamarlle dalgún xeito, das parroquias do Concello de Vilaboa, Sta. Cristina e San Adrián, parroquias separadas polo río Maior e que lindan ao sur coa ría de Vigo.

Una Madama con sombrero del Entroido de Cobres.
Un grupo de Madamas y Galáns a bailar en Vilaboa todos juntos en fila.

A Festa

Meses antes do comezo do Antroido os Maiordomos van na procura dun grupo de mozos e rapaces, dun número que oscila entre 75 e 100 persoas; os tradicionais son as madamas e galáns, que son como mínimo 6 parellas, podendo chegar a 20, acompañados logo de aldeáns, e o resto, vestidos de branco ou traxes tradicionais. O artesanal traballo de prepara-las roupas é de por si moi valioso. Traxes preciosos onde abunda a bixutería e a xoiería.

As danzas

As danzas do Entroido de Cobres, alma do entroido de cobres xunto cos traxes…

Xunto coa artesanía dos vestidos, o baile destaca como un dos elementos principais do Entroido. Tradicionalmente para preparalos, habilitábase un baixo dunha casa, un galpón , ou un alpendre onde unha ou dúas veces por semana ensaiaban os puntos para montar os bailes.

Una Madama y un Galan del entroido de Cobres bailando cerca de una paisaje de Vilaboa.
Un gallo dibujado con los colores típicos del entroido de cobres de forma geomética.

Corrida do galo

O día estrela é, sen lugar a dúbidas, o Martes de Entroido, festividade local. Pola mañá, as “Madamas” e “Galáns” pecharán o seu percorrido para celebrar, pola tardiña, a tradicional Corrida do Galo; a cal comezará no momento en que as “Madamas” e “Galáns” fagan a súa entrada no recinto de festas coas súas músicas e bailes tradicionais.

Últimas Edicións

Un grupo de Madamas y Galans de espaldas, agarrados entre ellos.

Actualidade

Aquí podes ver toda a actualidade sobre o Entroido de Cobres nas diferentes entradas

O Entroido de Cobres no Andruido de Piasca

O Entroido de Cobres no Andruido de Piasca

Este fin de semana estivemos en Piasca, en Cabezón de Liébana, no seu famoso andruido xunto a outros grupos de mascarados que fixeron da ocasión unha festa fermosa e inolvidable. Dende as 11:00 da...

Presentación do Entroido de Cobres 2024

Presentación do Entroido de Cobres 2024

Hoxe tivo lugar a presentación do Entroido de Cobres en diferentes parroquias do concello de Vilaboa. Pola mañá bailaron na rúa da capela de Santa Marta en Bértola ás 11:00, ás 12:00 estiveron na...

Eventos

Aquí puedes ver todos los Eventos asociados al Entroido de Cobres

Encontro de Entroidos 2024

Encontro de Entroidos 2024

O próximo 13 de xullo terá lugar o VI Encontro de Entroidos de Vilaboa, con sesión vermú no Chiringo de Deilán, e desfile de grupos a partir das 18:30 na explanada de Riomaior, fronte á Casa da...

IX Festival Internacional Vibomask

IX Festival Internacional Vibomask

Os próximos 27 e 28 de abril o Entroido de Cobres participará no Festival Vibomask, Mascarada Ibérica, na súa IX Edición nos concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

CONTACTO

Dirección

C/ Toural, 1
36141 Vilaboa, Pontevedra, Galicia

Email

info@vilaboa.org

Teléfono

+34 986 708 215

Enviar un email

    Ir o contido