Equipamento de Aloxamentos e Servizos
Turísticos para a recepción de Visitantes
O municipio galego de Vilaboa atópase situado na enseada de San Simón, pegado á capital de provincia, a cidade de Pontevedra, así como a escasos 15 minutos de coche da cidade de Vigo. Ambas as cidades contan con estacións de autobús e de tren. Ademais, o aeroporto de Peinador está a soamente 15 minutos en coche. Dende a estación de autobuses de Pontevedra existe un servizo diario de autobuses ao municipio.
Ademais dos propios aloxamentos e servizos de hostalaría das cidades mencionadas, así como de outros municipios veciños coma Soutomaior ou Moaña, Vilaboa conta cos seguintes servizos de aloxamento e comida:
ALOXAMENTOS
> HOTELES
[HOTEL RESIDENCIA RECTORAL DE COBRES 1729 ***]
San Adrián de Cobres
Tlf 986673810
Email: info@rectoral.com
[HOTEL LAS ISLAS *]
Paredes 31, Vilaboa
Tlf 986708484
Email: info@hotellasislas.info
[HOTEL RESTAURANTE SAN LUIS **]
Paredes 34, Vilaboa
Tlf 986708311
Email reservas@hotel-sanluis.com
> APARTAMENTOS/ VIVENDAS TURÍSTICAS
[COBRES RURAL] Apartamento 1 llave
Santradán 71, San Adrián de Cobres
Tlf 658810102
Email: info@cobresrural.com
[FINCA MANGÜEIRO] Vivenda turística
Mangüeiro 2, Santa Cristina de Cobres
Tfl 626426998
Email: fincamangueiro@yahoo.es
[A CASA NOVA] Vivenda turística
Mangüeiro 2, Santa Cristina de Cobres
Tfl 626426998
Email: fincamangueiro@yahoo.es
[CASA DA XESTA] Vivenda de uso turístico
Vilar 14, Santa Cristina de Cobres
Tfl 678774361
Email: celso.martinez.veras@gmail.com
[CASA DO CREGO] Vivenda de uso turístico
Magarella 23, Santa Cristina de Cobres
Tlf 609684983
Email: casadocregocobres@gmail.com
[CASA VIEITO] Vivenda de uso turístico
Lugar de Nores, 54, San Adrián de Cobres
Tlf 609684983
Email: casadocregocobres@gmail.com
> TURISMO RURAL
[OS AREEIROS] Turismo rural Grupo-B (Casa de Aldea)
Areeiros 30, Santa Cristina de Cobres
Tlf 986672349
Email: contacto@osareeiros.com
[CASA DO AMERICANO] Turismo rural Grupo-B (Casa de Aldea)
Lugar de Acuña, 100A
Tlf 986708006
Email: info@casadoamericano.com
[A CASA DE LARACHE] Turismo rural Grupo-B (Casa de Aldea)
Larache 16, Santa Cristina de Cobres
Tlf 986673812
Email: info@pazolarache.com
HOSTALERÍA
> RESTAURANTES
[RESTAURANTE O CAÑOTO]
Toural 28, Vilaboa
Tlf 986708139
[TAPERIA PARRILLADA SUSO]
Toural 30, Vilaboa
Tlf 658887625
[TAPERIA – ASADOR O TOURAL]
Toural 7, Vilaboa
Tlf 722493332
[CASA O POMAR]
Postemirón, 35, Vilaboa
Tlf 685992028
[TAPERIA CASA DOS VILLA]
Casaldesanta, 19ª, Vilaboa
Tlf 676881823
[CASA DOS DRUIDAS]
Acuña, Vilaboa
Tlf 629162165
[MOUNTAIN HOUSE]
Ramalleira 7, Figueirido, Vilaboa
Tlf 666788858
[ALBANTA COCIÑA DE LEÑA]
Balteiro 47, Figueirido, Vilaboa
Tlf 986045995
[A TABERNA DE ANTES]
Magarella 27. Santa Cristina de Cobres
Tlf 687780976
[RESTAURANTE LUIS]
Nores 24, San Adrián de Cobres
Tlf 986672250
[A CASA DE ROSA DE MAZAROCA]
Pazos, 66, San Adrián de Cobres
Tlf 986061415
[RESTAURANTE MAURO]
Porto Deportivo San Adrián de Cobres 35
Tlf 986672581
[CASA AURELIA]
Santradán 23, San Adrián de Cobres
Tlf 617830076
[AREA DE SERVICIO SAN SIMÓN]
Área de Servicio San Simon Autopista Ap-9, Km. 144
Tlf 986672522
[SAN LUIS]
Paredes 35, Vilaboa
Tlf 986708200
[A GARBOA]
Muiño, Sta. Cristina de Cobres, Vilaboa
Tlf 625584040
> BARES E TAPERÍAS
[O MUELLE]
Santradán, San Adrián de Cobres, Vilaboa
[CAPRICHO]
Pousada, San Adrián de Cobres, Vilaboa
[O TOXO]
Riomaior, Sta. Cristina de Cobres, Vilaboa
Tlf 986672406
[HIPÓLITO]
Barciela, Sta. Cristina de Cobres, Vilaboa
[O CHANCHO]
Barciela, Sta. Cristina de Cobres, Vilaboa
[ANXO]
Acuña, Vilaboa
CONTORNA DO LUGAR DE CELEBRACIÓN DA FESTA
A festa ten lugar na contorna da Casa de la Cultura de Riomaior, localizada baixo o viaduto da AP9, entre San Adrián e Santa Cristina de Cobres. A Casa da Cultura permanece aberta durante a celebración. No seu interior hai aseos para os asistentes ás festas, así como alas para que os integrantes do Entroido de Cobres poidan cambiarse e descansar durante a festa.
A propia Casa da Cultura ten no seu interior figuras en cerámica dunha madama e un galán. No seu exterior atópase unha fonte dedicada ao Entroido de Cobres e a unha das súas personalidades máis coñecidas: Manolo do Pío V. A Casa da Cultura foi reformada recentemente polo Concello de Vilaboa. Dúas das columnas do viaduto foron decoradas con murais do Entroido de Cobres.
A explanada fronte a dita Casa alberga a carpa da festa e outras atraccións como postos de lambetadas, postos de comidas, xogos para nenos… Do mesmo xeito, dentro da carpa, a Asociación Cultural Cobres pon a disposición dos asistentes á festa nocturna servizo de bar, e o día da «Corrida do Galo» servizo de comida ao mediodía.
Esta explanada conta con zona asfaltada para a colocación da carpa, así como con zona de verde con mesas para o descanso e goce dos asistentes, todo á beira do río de Riomaior.
Dende a Casa da Cultura parte unha das rutas a pé máis fermosas do municipio, a Ruta dos Muiños, onde o que a siga poderá ver os antigos muíños de cereais que están pegados ao río Riomaior e que estiveron en funcionamento ata mediados do século pasado.
Outros espazos naturais do municipio que os asistentes aos festexos poden visitar son as Salinas do Ulló onde existe unha senda de paneis explicativos de como funcionaron estas salinas no seu momento, o Lago Castiñeiras, que é espazo natural con especies protexidas, ou o Forno do Cal, que se recuperou recentemente e do que aínda están pendentes novas operacións para continuar recuperando este espazo natural ao tempo que monumental e histórico.