Este sábado 13 de xaneiro estaremos en Laza, na II Xornada “TEMPO DE ENTROIDO” organizada pola Comisión do Entroido de Laza, a Asociación Cultural Enlazados, e o Concello de Laza.

O obxectivo é facer que as cousas que marcan a identidade do Entroido de Laza e de ampliar as actividades que se fan entorno a el. O evento acollerá coloquios, cinema, un documental en realidade virtual e a visita de outros entroidos.

O Entroido de Cobres participará no coloquio “Patrimonio e identidade” xunto ó de Xinzo de Limia e Eiroás, nun debate moderado por Alexandre Sotelino.

Skip to content